Conversa Usuario:Vilachan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
Benvido(a) á Galipedia, Vilachan
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. |
||
|
Na Guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
|
Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 08:51, 15 maio 2007 (UTC)
[editar] Únome ao saúdo de Benvida
Benvido/a á Galipedia Vilachan. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:23, 15 maio 2007 (UTC)
[editar] Pita do monte
- Ola Vilachan. Pois non son biólogo e tampouco sei como é a cor da pita do monte. Parece que tes claro como é o roxo, que pode ir da cor do ouro (1), ouro escuro (2), ou tamén entre castaño tirando a vermello e amarelo tirando a vermello (3) -unha becerra roxa ou do país-. Esas son as acepcións que encontro no dicionario da RAG (1997). A ver se algunha persoa coñece a pita do monte e sabe se podemos dicir que ten cor roxa ou non. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 19:29, 24 maio 2007 (UTC)

