Conversa:Zuriqués

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

As últimas achegas ó artigo son copias de bloques de texto do artigo da wikipedia en alemán w:de:Zürichdeutsch --. HombreDHojalata.conversa 22:06, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Coido eu que o artigo se debería central no dialecto zuriqués, que é o que ten relevancia enciclopédica, o primeiro parágrafo é unha entrada de dicionario.--Kamakic 13:55, 7 de xuño de 2010 (UTC)
    • Que se lle chame ao xentilicio zuriqués e tamén a todo o singular masculino que pertence a Zúric, explica o porqué deberíaselle chamar zuriqués, porque non creo que estea establecido así na RAG, ademais borraches a parte onde se explica como o di a xente autóctona da zona, o que á miña forma de ver é un fallo grave da túa parte.
    • No de rudo non é nada subxectivo porque os que falamos zuriqués sabemos que é rudo, é como se un galego que usa castrapo e di "me cajo na virgen" a todo momento para logo facerche un artigo de castrapo onde el mesmo indica a que o castrapo no son de iota e xe é rudo a comparación co galego ou portugués.
    • Se vas 40 km máis ao norte, xa non soa así tan forte, 100 km cara ao noroeste tampouco, e non debo explicar como o ven os alemáns, franceses e italianos, que non teñen eses sons.
    • No do que é normativo ou non, debes concienciarte de que o zuriqués é moito máis antigo que a lingua alemá, moitos séculos, e as cousas xa soaban así de rudas dende moito antes.--IP 16:45, 7 de xuño de 2010 (UTC)
O son da gheada é o mesmo que utiliza o inglés para o h aspirado, e alí non o perciben rudo, é subxectivo si, se hai fontes pódese poñer que se percibe rudo pero afirmar que de seu é rudo non é apropiado, o nome procede do cantón de Zúric, e en galego un habitante ou algo procedente dese cantón, incluído o dialecto, é zuriqués. Non entendo un artigo sobre a modalidade lingüística andaluza afirmando que andaluz é o nome dos habitantes da comunidade autónoma de Andalucía, eu véxoo así.--Kamakic 14:54, 7 de xuño de 2010 (UTC)
      • Ademais borraches o de alto alemánico, o que cambia moito o futuro do artigo, xa que non sabes nin por onde van ir os tiros. Porque cambias a natureza do artigo nas cousas que van ligar con outros artigos.
      • A h aspirada do inglés non ten nin de lonxe a forza do son do que estamos a tratar, nin poñéndolle unha k antes, do que como soa unha cousa se ve na pronucia por 'AFI', logo explícase á xente coas comparacións que coñecen.
      • No de andaluz, pode ser que se fagan artigos no futuro onde trate sobre unha persoa zuriquesa que usa a fala, e xa por borrar, non se podería ligar.
      • No de emparentar o andaluz e o zuriqués é un tema moito máis extenso, que xa non paga a pena nin entrar, porque é obvio que en galego se teñan coñecementos do que é normativo en Adalucia a comparación do de Zúric, por cousas históricas, semellanza de lingua e etc..--IP 17:20, 7 de xuño de 2010 (UTC)
Dá igual a forza que teña (rudo, dóce, suave, cantarín son termos subxectivos nunha lingua), a min o holandés semellame rudo pero non é para poñer nun artigo que rudo é o holandés, pero se os propios holandeses tiveran a impresión que a súa lingua é ruda podería ter interese indicalo pero habería que citar algunha referencia para que non quede nunha impresión persoal, e para o zuriqués é o mesmo.--Kamakic 17:16, 7 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazón á portada doutra wiki[editar a fonte]

Teño unha dúbida. No artigo di:

"Existe unha versión da Wikipedia en Zuriqués."" e liga cara a http://als.wikipedia.org/wiki/Houptsyte

Iso que é exactamente, a wikipedia en Zuriqués, a wikipedia en Alto alemánico... ou que?

--. HombreDHojalata.conversa 17:51, 7 de xuño de 2010 (UTC)

É a wikipedia en alemánico, pero non existe ningunha norma común para todas as súas variedades, tanto é así que nesa wikipedia hai artigos en moi diferentes dialectos, entre eles en zuriqués [1]--Kamakic 18:25, 7 de xuño de 2010 (UTC)
      • A explicación no de rudo ía ir con exemplos no tratado da fonética, pero vendo que se lle sacan cousas ao artigo, haberá que discutir o que pasa con iso. Ademais son en parte cousas que se aceptan noutras wikis. O artigo xa debería ser agora polo menos dez veces máis amplo, igual o de alto alemánico que está bloqueado, mesmo se borrou un sobre éuscaro en galego que ía tratar algo o tema.
      • O texto despois de (züritüütsch) quedou en cursiva coma se o galego fose unha lingua allea á wiki galega.--IP 23:10, 7 de xuño de 2010 (UTC)
      • Despois de abrir a paréntese e züritüütsch hai un espazo, que significa iso? --IP 23:40, 7 de xuño de 2010 (UTC)

Estimado compañeiro non identificado: anímoche a que edites o artigo para introducir nel cantas melloras estimes oportunas, sempre segundo o libro de estilo e conforme ás políticas. Xoacas(sólo la puntita) 22:02, 7 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Zuriqués. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 16:39 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Zuriqués. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2019 ás 11:37 (UTC)[responder]