Conversa:Xaquín Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Índice

[editar] Data de nacemento

¿Alguén pode confirma-la data do pasamento de Xaquín Lorenzo? Pedro --Lameiro 12:36, 21 xullo 2007 (UTC)

  • 18 de xullo de 1989 segundo a Real Academia Galega [1] e a Gran Enciclopedia Galega
  • 19 de xullo de 1989 segundo a biografía da Galipedia [2]
  • 22 de xullo de 1989, segundo o calendario da Galipedia [3] e Cultura Galega [4]
  • No "verán de 1989" segundo outra web [5]
confirmado: na lápida que cubre os seus restos pódese le-la data de "19-7-1989". Pedro --Lameiro (conversa) 16:48, 17 febreiro 2008 (UTC)

  • A Wikipedia non é unha fonte primaria de información. --Xosé (✉) 10:08, 22 xullo 2007 (UTC)
    • ¿E que queres dicir con iso? A Galipedia afirma un feito (que morreu o 19 de xullo) que, segundo fontes consultadas, non é seguro. Supoño que se a RAG e a GEG (fontes primarias fiables) dan o 18 de xullo, a nosa afirmación é errónea e debe corrixirse, pero necesitariamos confirmalo (e iso non nos converte en fonte primaria senón que nos obriga a buscar fontes seguras nas que basea-los nosos textos).
    • Segundo. A Galipedia non pode dar unha data na biografía (neste artigo) e outra na páxina do 22 de xullo. Evidentemente, unha das dúas datas ten que ser errónea, se é que non o son as dúas. A confirmación á que me refiro antes deberá levar a emenda-lo dato erróneo.
    • Pedro --Lameiro 13:46, 22 xullo 2007 (UTC)

A lista, tal e como está, parece incluir a Galipedia como fonte. Unha versión alternativa seria:

* 18 de xullo de 1989 segundo a Real Academia Galega [6] e a Gran Enciclopedia Galega
* 22 de xullo de 1989, segundo Cultura Galega [7]
* No "verán de 1989" segundo outra web [8]
Na Galipedia aparecen datas diferentes en:
 * 19 de xullo de 1989 segundo a biografía da Galipedia [9]
 * 22 de xullo de 1989, segundo o calendario da Galipedia [10]

O meu comentario non estaba dirixido a ti, que xa ben sei que non che fai falta, senón a calquera que puidese casualmente pasar por aqui, ver esa lista e deducir erroneamente que nós buscamos a nosa información na Wikipedia, sen máis preocupación editorial. Por certo que, se pasa por aqui agora verá que non é asi ;-). Un saúdo. --Xosé (✉) 13:58, 22 xullo 2007 (UTC)

[editar] Obras de Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo foi un escritor prolífico. A relación de traballos publicados (sacada da web da Real Academia) ocupa 4 páxinas en word. A miña pregunta é se cómpre copiar todo ou se escollo unha ducia de traballos máis destacados e remito a esa web para que quen estea interesado teña acceso a toda a súa obra. O segundo problema sería que criterio seguir para escoller esa ducia de traballos destacados. Mentres recollo opinións, seguirei con outros aspectos da súa biografía. Pedro --Lameiro (conversa) 00:14, 17 febreiro 2008 (UTC)

Eu penso que poden entrar todas. Eu dividiría en obras en castelán e obras en galego, e nas dúas seccións faría dúas columnas, para non alongar tanto. AlberteSi, digame? 14:00, 17 febreiro 2008 (UTC)

  • Eu separaria o que son artigos en publicacións do que son libros individuais. --Xosé (✉) 14:17, 6 marzo 2008 (UTC)


== Xaquín Lorenzo academico ==

Non atopo o seu nome nesta listaxe da RAG [11]. Como sabese que foi nomeado academico en 1951 ? ElviraConversa con mi 16:16, 6 marzo 2008 (UTC)

Porque ese non é o sitio correcto de miralo, :) Esa é a listaxe de académicos non numerarios, algo así como un ampliiiisimo abano de académicos de segunda. O sitio correcto é este, :) --Xabier Cid 16:37, 6 marzo 2008 (UTC)

:: Moitissimas gracias Xabier ! Abusando un pouco podesme decir como fixeches porqu eu xa habia consultado este listaxe Numerarios pero tampouco o atoupo. O asunto interesame pa poder por fontes fiables pa outros e non soamente na Galipedia  :D ElviraConversa con mi 16:49, 6 marzo 2008 (UTC) Xa vin como fager ! moitas gracias Xabier ! ElviraConversa con mi 17:28, 6 marzo 2008 (UTC)

[editar] Aviso de CommonsTicker

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

-- CommonsTicker 22:26, 7 abril 2008 (UTC)

[editar] Imaxes

¿Non sería posible conseguir unha imaxe de Xaquín Lorenzo?

  • Que sexa de dominio público... difícil. Pedro --Lameiro (conversa) 09:27, 4 xullo 2008 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas