Conversa:Vocabulario Científico Internacional

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fonte principal[editar a fonte]

Este artigo é unha adaptación de www.worldlingo.com/.../International_Scientific_Vocabulary --Xoio (fálame) 22:20, 23 de outubro de 2010 (UTC)

exixe[editar a fonte]

A norma actual do galego admite as variantes esixir/exixir e a min paréceme máis axustada á etimoloxía a segunda forma deste verbo (e outras similares: exóxeno, oxixenar, etc.). --Xoio (fálame) 18:49, 24 de outubro de 2010 (UTC)

Leva razón Xoio, o VOLGA admite como sinónimos esixir e exixir e como a primeira elección foi exixir debe prevalecer esta forma no artigo.--Cheluco usopúblico 19:35, 24 de outubro de 2010 (UTC)
Para que non quede dúbida, nas propias normas Normativa oficial do galego - Grupos consonánticos--Cheluco usopúblico 19:39, 24 de outubro de 2010 (UTC)

Glups, coleime. Síntoo moito. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:40, 24 de outubro de 2010 (UTC)