Conversa:Vitoria

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Traslado?[editar a fonte]

E segundo a modificación da política de topónimos, non haberá que trasladar este artigo a Vitoria ou Gasteiz? É que segundo a RAG vitoriano é "o de Vitoria ou Gasteiz ou os seus habitantes". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2013 ás 13:43 (UTC)[responder]

Non, non hai. [1] --. HombreDHojalata.conversa 19 de xuño de 2013 ás 13:48 (UTC)[responder]
Perdón, mais si que hai que movelo, a RAG ten preeminencia sobre a EGU como criterio. E a RAG di "Vitoria" ou "Gasteiz" e, polo tanto, son válidas as dúas formas, mais non unha forma dobre. --Norrin_strange (Fala-me) 19 de xuño de 2013 ás 13:54 (UTC)[responder]
Dacordo con Norrin, pero e cal se colle? Eu voto por Vitoria xa que de aí ven o de vitoriano que está directamente reflectido no dicionario da RAG, penso que é un pouco máis coherente. Que vos parece?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2013 ás 22:44 (UTC)[responder]
Eu concordo con Vitoria tamén. Ademais, estou seguro de que é a forma con máis tradición en galego (por suposto que non teño probas disto, mais...) --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 06:46 (UTC)[responder]
Eu son partidario de deixalo coa forma dupla, dado que as dúas formas son válidas e coincide coa oficial. A norma di "Nos títulos das páxinas úsase o nome galego, de o haber". Dada a definición da RAE de 'vitoriano', entendo que tanto Vitoria como Gasteiz son dúas formas galegas válidas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xuño de 2013 ás 12:45 (UTC)[responder]
Eu entendo que o nome galego é calquera dos dous, mais non un nome dobre, que por moi oficial que sexa non é nin sinxelo nin normal na escrita (tampouco temos "Reino de España", sendo oficial e correcto en galego). --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 12:53 (UTC)[responder]
Galicia tamén ten dúas formas válidas, Galicia e Galiza, e o artigo non se chama Galicia-Galiza :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 23:06 (UTC)[responder]
A min o argumento Galicia-Galiza paréceme definitivo. --Norrin_strange (Fala-me) 21 de xuño de 2013 ás 06:48 (UTC)[responder]
Non é definitivo, porque, malia seren as dúas formas válidas (Galicia e Galiza) só unha delas é oficial, mentres que no caso que nos ocupa as dúas formas son oficiais. --Paradanta (Cóntame) 21 de xuño de 2013 ás 09:34 (UTC)[responder]
Non, non son ningunha das dúas formas, formas oficiais. Son sinónimos. Igual que o artigo non é choiva - chuvia. Podemos escoller unha calquera. Pero non a dobre que debería, iso si.--Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de xuño de 2013 ás 13:33 (UTC)[responder]
Este problema o imos ter moitas veces máis, a proposta de Xabier Cid tiña algunha lagoas (como expuxo ben un usuario -se non lembro mal era Sobreira-) e non se aclaran todos os casos posibles. Eu fago unha interpretación: se hai que coller a que máis tradición ten en galego, eu collería Vitoria, mais como sabemos que Vitoria é a máis empregada? Hai estatísticas que digan que o 90 % dos galegos din Vitoria por un 10 % que din Gasteiz? Eu non o sei. O tema do xentilicio... hai moitas cidades das que seguro que non temos xentilicio en galego, e me xorde a dúbida, o poñemos na forma local ou directamente non o poñemos? Eu poría Gasteiz por ser a forma local, aínda que no xentilicio figure vitorian@, penso que con especificar que vén da forma en castelán abondaría. Penso que habería que modificar a nova norma para que se expuxeran claramente todos os casos e non perder o tempo en discusións sobre se a forma debe ser dupla ou tripla ou forma única. Dende logo, atendendo á nova norma entendo que como nos Inmortais, so pode quedar unha, o tema é establecer unhas normas ben claras para que non haxa ningún tipo de dúbida. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 21 de xuño de 2013 ás 08:09 (UTC)[responder]
Non, este problema xa o tiñamos antes. Non é ningún drama que, como calquera outro sinónimo, haxa un termo primeiro e outro segundo. Hai centos de palabras que son sinónimos, e escollemos unha e non a outra, e non se acaba o mundo. A palabra escollida é paporroibo polo primeiro editor, e despois apareceron pisco, paporrubio... e non acabou o mundo. Estades afogando nunha poza de auga. E dito isto, vou mover o artigo. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de xuño de 2013 ás 13:33 (UTC)[responder]
Non argumentei nada en favor de nada, porque este debate non me interesa. Só maticei un razoamento que creo equivocado. --Paradanta (Cóntame) 23 de xuño de 2013 ás 09:40 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Vitoria. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 12:02 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vitoria. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de abril de 2019 ás 16:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Vitoria. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 08:15 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Vitoria. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de novembro de 2019 ás 05:25 (UTC)[responder]