Conversa:Vigo Rugby Club

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Co cambio de nome, propoño mover este artigo a Blusens Universidade de Vigo Rugby, deixando esta páxina coma redirección. --Iago dime 16:46, 5 de setembro de 2012 (UTC)

  • Concordo. Paréceme lóxico. --Paradanta (Cóntame) 21:22, 5 de setembro de 2012 (UTC)
  • Discordo. Non é o que se adoita facer con ningún club deportivo nesta wikipedia, moito menos cos de rugby, e non sei por qué habería que facer unha excepción neste caso. Tanto Blusens como a Universidade de Vigo son só patrocinadores do equipo, de xeito que o club segue a ser o do sempre, o Vigo Rugby Club. Un caso distinto é o do Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala que trocou oficialmente o seu nome a Santiago Futsal, por iso o nome do artigo moveuse á súa nova denominación. JonnyJonny (conversa) 22:04, 5 de setembro de 2012 (UTC)
Pero é que si mudaron o nome: "El nombre oficial del equipo es Blusens Universidade de Vigo Rugby. El Vigo Rugby Club ha llegado a un acuerdo con la multinacional tecnológica gallega Blusens para que sea el principal patrocinador del Universidade de Vigo Rugby de la División de Honor española. Blusens es una empresa fundada en Santiago de Compostela en 2002, y especializada en electrónica de consumo de última generación. De esta forma el equipo vigués pasa a denominarse Blusens Universidade de Vigo Rugby, por lo que Blusens se incorpora a la Universidade de Vigo como principales soportes, y con este nombre figurará oficialmente en todas las competiciones y en comunicados de prensa." (Páxina oficial do club)
O que se entende por mudar o nome, neste caso non é mais que unha estratexia comercial para darlle publicidade ó patrocinador. O ano pasado o club xa se chamaba IVECO Universidade de Vigo, e o ano que ven xa se verá, posto que Blusens e o Vigo RC só asinaron por un ano. Se queres facer o troco no nome do artigo, adiante, a min non me amola, pero haberá que trocar todo o que atinxe a clubs deportivos no que á nosa wikipedia se refire. De tódolos xeitos está por ver se as seccións feminina, infantil, cadete etc tamén van a empregar o nome BLUSENS Universidade. JonnyJonny (conversa) 10:37, 6 de setembro de 2012 (UTC)
Claro que é unha estratexia comercial, pero eso é irrelevante. O caso é se mudaron o nome ou non, e eles fixérono. O Real Madrid ten patrocinadores e non cambiou nunca o nome, pero se mañá pasase a ser Real Madrid Bwin, daquela habería que mudar o artigo de páxina. De todos modos, que o ano pasado tivera outro nome ou para o que ven outro non quita que agora sexa éste. En todo caso, abonda con manter o nome orixinal coma redirección. Con respecto ás demáis seccións, polo que indica na páxina web, o cambio de nome afecta a todo o club, non só á categoría que está na División de Honra. Polo que veño de mirar, o que se fixo ata agora foi manter o nome, e engadir, "O club xxx, chamado por motivos de patrocinio xxx". --Iago dime 10:53, 6 de setembro de 2012 (UTC)
Chegados a este punto, o que propoño é manter o nome actual do artigo, é dicir, Vigo Rugby Club; crear unha redirección chamada Blusens Universidade de Vigo Rugby que ligue co artigo principal; e mudar o comezo do artigo do seguinte xeito: "O Vigo Rugby Club, denominado Blusens Universidade de Vigo Rugby por razóns de patrocinio, é un club de rugby da cidade de Vigo, fundado en 1988, que bla bla... " -- JonnyJonny (conversa) 21:16, 6 de setembro de 2012 (UTC)
Ben, pois entón deixámolo así, cunha redirección en Blusens Universidade de Vigo Rugby. Saúdos --Iago dime 16:44, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo Rugby Club. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 12:07 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo Rugby Club. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de xullo de 2019 ás 19:00 (UTC)[responder]