Conversa:Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Pode ser que estea ben, pero un pouco antes do apartado Xeografía fálase de Toralla e no pé da foto inmediato dise illa de Toraia. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:51, 7 agosto 2006 (UTC)

Toralla é a forma oficial.[editar a fonte]

Ola! Quixen contribuir a esta entrada e retoquei os textos de historia (fica a medias), economía e deporte. Agardo non molestar a ninguén.

Respecto ao topónimo de Toralla, eu nunca leera en sitio ningún o de Toraia. Consultei o nomeclátor de Galicia e, efectivamente, a forma que se recolle é Toralla.

Un saúdo.

Lmbuga, rexistreime como guantanamero, pero non atopo o xeito de respostar á mensaxe que me enviaches. O certo é que empecei nesto da wikipedia onte. Supoño que tería que mirar algunha páxina que explique como funciona tood ¿non?

Sobran ligazóns[editar a fonte]

Hai demasiadas ligazóns. A wikipedia non é un directorio de ligazóns. Non poden estar tódalas aavv, tódolos mercados, páxinas persoais, etc. Vou a darlle un repaso ás ligazóns. Miguel.lima 18:45, 26 agosto 2007 (UTC)

Fraccionamento do artigo[editar a fonte]

Por motivos de peso (tamaño de datos, quero dicir), levei a cabo un fraccionamento do artigo creando artigos principais nos que desenrolar profundamente os temas de que consta o artigo da cidade. O caso é que agora non teño tempo de facer resumos dos apartados, e que nos apartados apareza só unha ligazós a outro artigo queda moi pobre.

Eu non teño tempo de facelo, como xa dixen, porque estou tratando de ampliar os artigos relativos á cidade, pero se alguén ten tempo, aí queda a cousa. --GallaecioE logo? 17:29, 25 novembro 2007 (UTC)

O termo "sen rango de capital" é máis ben un termo político que quere facer fincapé na procura de ser capital e non aporta, por tanto, ningún dato de interese nin é relevante.

Universidade de Vigo[editar a fonte]

Aqui un Coruñes que engadiu datos do CUVI, que nin sequera estaba citado, sendo un dos campus mellor remolados de España.

Texto retirado do artigo[editar a fonte]

Retiro os textos que seguen por non ser obxectivos nin estar referenciados. Déixoo aquí por se alguén cre que se poden reaproveitar:

  • "A situación xeográfica de Vigo fai que a Ría presente unhas singulares características en canto a temperatura da agua, plancto, etc., que a converten nun magnífico viveiro para todo tipo de mariscos, dándolles un sabor excepcional".
    • Postos a presumir, a ría de Arousa é moito máis rica, pero esa é outra historia.
  • "Os cambios que levaron a esa porcentaxe de vivenda protexida no Plan eran, a xuízo dalgúns expertos consultados, da Federación veciñal de Vigo e da asociación Aproin (promotores inmobiliarios) unha fonte de inseguridade xurídica, porque ao non ser exposto ao público nin haber proceso de alegacións ao Plan, este tipo de cambios poderían chegar a ser anulados nos tribunais no caso de que existisen recursos xudiciais nese sentido, por consideralos cambios substanciais. A pesar de discrepancias de diversa índole, o grupo de goberno formado por PSOE e BNG aprobou o documento co convencemento de que o Plan Xeral, aínda sendo modificado, estaba blindado xuridicamente. O pleno de aprobación do Plan Xeral estivo envolvido nalgunha polémica."
  • [Montero Ríos-Areal] "Rúas peonís e xardíns conviven co bulicio da zona de marcha máis de moda da cidade."
  • [Centro Social Caixanova] ", segundo os expertos, a mellor colección de arte galega do mundo".
  • [Museo do Mar de Galicia] ", dende el tense unha vista privilexiada da ría".
  • [praia de Samil] "Dende esta praia, coas Illas Cíes como fondo, pódense gozar de impresionantes postas de sol."

Pedro --Lameiro (conversa) 20:29, 24 febreiro 2010 (UTC)

Ola,Pedro!
Voume referir ao primeiro punto. É un feito científico probado que a situación das Rías Baixas galegas xera un fenómeno coñecido co nome de afloramento ("upwelling" en inglés) que posiblita unha extraoridinaria abundancia de fitoplancto e, por conseguinte, crea unhas condicións idóneas para o desenvolvemento de mariscos, sobre todo filtradores tipo mexillón. Existe multitude de bibliografía ao respecto, vou remitirte a un artigo en inglés de investigadores galegos co que traballei hai anos. Polo tanto a afirmación non é errónea de todo, os fallos que ten son:
  • Dá a impresión de que esas condicións son exclusivas da ría de Vigo, cando son comúns ás Rías Baixas galegas.
  • Non explica, aínda que só sexa de xeito somero, a relación existente entre situación xeográfica, temperatura, plancto e marisco.
  • Adxectivos como "excepcional" quizáis carezan de neutralidade.
Pero, insisto, aínda que sexa de xeito pouco elaborado fai referencia a unha realidade científica, polo que non é unha mera presunción sen base como pareces insinuar. Traballándoo un pouco pode quedar perfectamente.
Un saúdo!--Paradanta 22:01, 24 febreiro 2010 (UTC)
Totalmente de acordo, Paradanta, pero ese é un fenómeno de tódalas rías galegas, en especial das Rías Baixas (e por iso digo que máis aínda na de Arousa, e non teño intención de polemizar a ver que ría é a mellor). Efectivamente, o texto retirado baseaba as "singulares características" da ría de Vigo na situación xeográfica de Vigo, afirmación que é dúas veces falsa: nin a ría de Vigo ten "singulares características" que dean especial sabor ó seu marisco, nin a "situación xeográfica de Vigo" ten nada que ver coas características da ría. En calquera caso, o texto queda aquí gardado por se se pode redactar doutra forma, real e obxectiva. Pedro --Lameiro (conversa) 22:16, 24 febreiro 2010 (UTC)

Actualizar información[editar a fonte]

Puiden actualiza-los censos a 2009 pero outros datos non sei como tratalos:

  • Na sección Demografía dá a poboación de 15 lugares de Vigo con máis de 1.000 habitantes en 2005. ¿Ten sentido?
  • Non atopo no INE nin no IGE os datos de idade media, nacementos, defuncións nin saldo migratorio (que no artigo son de 2005).Feito! Feito!
  • O INE da 2.684 nacementos de nais residentes en Vigo no 2008 e 2.481 falecementos de residentes en Vigo no 2007. Sobre migracións non atopei nada. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:02, 24 febreiro 2010 (UTC)
  • O Porto recibiu no 2009 220.000 turistas, segundo a súa web: "5º puesto peninsular en nº de cruceros, con 101 buques, y el 4º en el ranking de pasajeros, con más de 220.000 turistas".--Xoacas(Góstache o pemento?) 22:02, 24 febreiro 2010 (UTC)
  • "No ano 2006, o aeroporto de Peinador acadou a cifra de 1.500.000 pasaxeiros" ¿non haberá datos máis recentes?
  • Boto de menos o cadro de parroquias que temos en tódolos concellos. [Non o vira]
  • "Actualmente disputa dende a tempada 2007 / 2008 na segunda división".

Outra discrepancia que atopo é a seguinte: na sección Demografía dise que en 1910 tiña ao redor de 30.000 habitantes (tomado de Historia de Vigo), pero no cadro seguinte dá a cifra de 41.213 (datos do INE que acabo de confirmar). A diferenza é notable. Feito! Feito!

Pedro --Lameiro (conversa) 20:55, 24 febreiro 2010 (UTC)

  • Eu faría constar o dato do INE, e o que temos de primeira man e por tanto máis fiable. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:02, 24 febreiro 2010 (UTC)

Outros comentarios[editar a fonte]

  • No texto hai 22 aparicións de "Galicia" e 4 de "Galiza". Non me parece coherente.
  • Non sei garanti-la exactitude e actualidade dos datos da sección Deportes.

Pedro --Lameiro (conversa) 21:54, 24 febreiro 2010 (UTC)

    • Case dous anos despois deste comentario, xa son 32 ocorrencias para Galicia fronte a 6 para Galiza. É certo que daquelas 32 Galicias, 20 o son por razóns "técnicas" (Xunta de Galicia, Partido dos Socialistas de Galicia, Edicións Xerais de Galicia, Parque das Illas Atlánticas de Galicia, Museo do Mar de Galicia, La Voz de Galicia), co que só nos quedan 12 ocorrencias de Galicia "discutibles". Por coherencia, cómpre unificar, nun mesmo artigo, nunha mesma forma, e a utilizada polo primeiro editor (unha IP o 1.02.2004) foi Galicia. Por todo o anterior, procedo a cambiar tódalas Galizas por Galicias. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de decembro de 2012 ás 21:39 (UTC)[responder]

  • "é a cidade sen rango de capital con máis poboación do Estado español". Está claro que foi escrito por alguén de Vigo, pero pregunto: referencia? alén diso, non vexo que sexa un dado tan importante como para poñer na descripción inicial. Parece unha choromicada, francamente. —o anterior comentario sen asinar foi feito por ‎77.27.26.238 (conversacontribucións)
  • Pois pra min e un dato moi importante eso quere dicir que nom soó e umha cidade industrial se nom que tamen foi a primeira cidade en servizos aunque o poder factico do norte diga o contrario y tamen da referenza de que é a cidade mais poboada sen titulo de capital por culpa das politicas "localistas" do norte e dos malos politicos que por localismo nom son capaces de modificar a lei. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.23.87.230 (conversacontribucións)

Cidade máis poboada de Galicia?[editar a fonte]

Aínda que si que é o municipio máis poboado de Galicia, cómpre diferencialo da cidade para non facer unha afirmación errónea. Tal cómo afirma a wikipedia en castelán, Vigo sería a segunda cidade máis poboada de Galicia, fixándonos na poboación da entidade de poboación, cunha poboación do núcleo urbano de 202508 persoas, fronte ás 217353 da Coruña. Deixo os enlaces do INE, a ver que opinades. Eu penso que debería cambiarse. http://www.ine.es/nomen2/index.do?accion=busquedaRapida&subaccion=&numPag=0&ordenAnios=ASC&nombrePoblacion=vigo&botonBusquedaRapida=Consultar+selecci%F3n http://www.ine.es/nomen2/index.do?accion=busquedaRapida&subaccion=&numPag=0&ordenAnios=ASC&nombrePoblacion=coru%F1a&botonBusquedaRapida=Consultar+selecci%F3n

  • Nada ten que ver iso, por moitas voltas que deades os da Coruña, Vigo e a cidade mais populosa da GALIZA. Sempre se ponhen os datos totais nom soó as das parroquias e moito menos soó os dos barrios, son os totais tanto do nucleo urban coma dos seus barrios e parroquias.. se facemos coma ti dis, se deberia facer pra todo-las cidades e nom é así. E normal que o INE faga un estudo pormenorizado (detallado) pero o total non son soó o nucleo urban. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.23.87.230 (conversacontribucións)
  • Non tes razón e me explico. Primeiro: no teu argumento tomas o municipio como entidade para calcular a poboación en non só a cidade portanto o artigo debe dicer o municipio con máis poboación da Galiza e non a cidade como é evidente, xa que non todo o municipio é cidade e como ben se argumenta na primeira intervención. Segundo: desde un ponto de vista científico errades os dous. En calquera caso debe dicer que Vigo é o municipio con máis poboación de Galiza, non o máis poboado, xa que a densidade de poboación da Corunha máis que duplica á de Vigo, resultando portanto que o concello da Coruña está máis poboado que o de Vigo. Un saudo —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.137.94 (conversacontribucións)

Fata por o lema da Cidade de Vigo

Lema:Fiel, Leal, Valerosa y Siempre Benéfica. Lema: Fiel, Leal, Valerosa e Sempre Benefica Cidade de VIGO —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.23.87.230 (conversacontribucións)

Vexo que na Galipedia de Vigo nom temos a referenza de cantos hoteis temos de calquer estrela

HOTEIS EN VIGO
  • de 5 estrelas Vigo ten 2 (Gran Hotel Nagari Boutique & Spa) (Hotel Pazo los Escudos)
  • de 4 estrelas Vigo ten 13
  • de 3 estrelas Vigo ten 5
  • de 2 estrelas Vigo ten 13
  • de 1 estrela Vigo ten 13
  • Total hoteis en Vigo Cidade: 46

datos recolhidos: TURISMO DE VIGO —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.23.87.230 (conversacontribucións)

Nome de VIGO[editar a fonte]

  • Sobre o nome de Vigo, ae un investigador do CSIC revela co Vigo romano nom era Vicus senom Burbida Magna e que Vigo e a segunda cidade de GALIZA despois de Lugo con o maior restos Romanos. [1] [2] [3] —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.23.87.230 (conversacontribucións)

Parroquias[editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Segundo o Nomenclátor da Xunta, as parroquias de Vigo son: Alcabre, Beade, Bembrive, Bouzas, Cabral, Candeán, Castrelos, Coia, Coruxo, Florida (A), Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, San Paio, Santo André de Comesaña, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns. No modelo que hai no artigo falta a parroquia da Florida (non revisei se é que se lle puxo outro nome) e sobran as parroquias de San Xoán do Monte e "Vigo Centro"...

Penso que isto hai que amañalo e poñer o que di o Nomenclátor, que dicides Prevert e Lameiro?. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 20:18 (UTC)[responder]

Está claro que si. O Nomenclátor obriga. Pedro --Lameiro (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 20:41 (UTC)[responder]
De acordo con editar o modelo segundo o nomenclátor. Así e todo, estaría ben que alguén de Vigo nos aclare o motivo desa discrepancia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 3 de marzo de 2017 ás 21:55 (UTC)[responder]
A discrepancia ven da división que fai o propio concello: http://hoxe.vigo.org/conecenos/parroquias.php?lang=gal#/ --. HombreDHojalata.conversa 4 de marzo de 2017 ás 10:21 (UTC)[responder]
Non entendo o que di o concello..., Bouzas, Coia e San Paio non son parroquias administrativas?, se saen no Nomenclátor... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 00:39 (UTC)[responder]

Segundo as fontes temos o seguinte número de parroquias:

  • Nomenclátor da Xunta: 22
  • Nomenclátor do IGE: 20 -> 18+2
  • web concello de Vigo: no texto 22 -> 18+4, lateral 24, mapa 19 -> 17+2
  • mapa de parroquias da Xunta: 19 -> 17+2

Todos coinciden en 17 parroquias: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Coruxo, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares, Zamáns, Santo André de Comesaña (Comesaña para o concello de Vigo).

Diferenzas:

  • Nomenclátor da Xunta: Bouzas, Coia, A Florida, Freixeiro, San Paio
  • No nomenclátor do IGE: Freixeiro; Cíes, Vigo
  • Sitio web do concello de Vigo:
  • No mapa tamén Vigo Centro e Cíes (sen poñer o nome).
  • No texto: Freixeiro; Bouzas, Coia, San Paio, San Xoan do Monte
  • No lateral: Freixeiro; Bouzas, Coia, San Paio, San Xoan do Monte; Cíes, Vigo centro
  • No mapa de parroquias da Xunta: Vigo, Illas Cíes

Na Galipedia 23, as 17 comúns máis: Bouzas, Coia, Freixeiro, San Paio, San Xoán do Monte, Vigo Centro.

Resumo: os mapas non recollen Freixeiro; o concello de Vigo ten San Xoan do Monte; o nomenclátor da Xunta A Florida; no mapa da Xunta Vigo, no mapa do concello Vigo Centro; nos mapas e no IGE aparece Cíes ou Illas Cíes; non hai datos de poboación no IGE para Bouzas, Coia, A Florida, San Paio.

Un cordial saúdo. --Prevertgl 5 de marzo de 2017 ás 15:56 (UTC)[responder]

Moitas grazas polo resumo Prevert, e vaia lío! Eu polo que vexo no mapa do concello, o que fan é agrupar na "parroquia" de "Vigo centro" as parroquias de Freixeiro, Coia e Bouzas. Por outra banda, consultando a poboación do IGE por parroquias a min sáenme 18, ALCABRE (SANTA BAIA), BEADE (SANTO ESTEVO), BEMBRIVE (SANTIAGO), CABRAL (SANTA MARIÑA), CANDEÁN (SAN CRISTOVO), CASTRELOS (SANTA MARÍA), SANTO ANDRÉ DE COMESAÑA (SANTO ANDRÉ), CORUXO (SAN SALVADOR), FREIXEIRO (SAN TOMÉ), LAVADORES (SANTA CRISTINA), MATAMÁ (SAN PEDRO), NAVIA (SAN PAIO), OIA (SAN MIGUEL), SÁRDOMA (SAN PEDRO), SAIÁNS (SAN XURXO), TEIS (SAN SALVADOR), VALADARES (SANTO ANDRÉ), ZAMÁNS (SAN MAMEDE), neste caso faltarían respecto ó Nomenclátor da Xunta Bouzas, Coia, A Florida e San Paio.
Eu penso que para seguir a estrutura do resto de modelos de parroquias dos concellos, deberíamos cambiar este modelo e poñer as que indica o Nomenclátor da Xunta, e logo no artigo indicar estas discrepancias no apartado sobre as parroquias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 17:39 (UTC)[responder]
Elisardojm, paréceme ben, adiante, non hai porque rachar co criterio que seguimos co resto dos modelos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 5 de marzo de 2017 ás 17:46 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 10:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 12:07 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 18:15 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 04:44 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de outubro de 2018 ás 16:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de xuño de 2019 ás 00:51 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de outubro de 2019 ás 22:38 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 9 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de novembro de 2019 ás 04:30 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de novembro de 2019 ás 05:09 (UTC)[responder]