Conversa:Vicerreinado de Nova España

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Vicerreinado:"Territorio da xurisdición dun vicerrei", esa é a terceira definición que dá o dicionario da Academia, virreinato nin aparece, o que é lóxico se é vicerrei non pode ser de xeito ningún virreinato, virrei está explicitamente marcado como forma incorrecta.--Sernostri (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 09:22 (UTC)[responder]

Agora falta saber se a forma correcta é Nueva España ou Nova España--Sernostri (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 09:49 (UTC)[responder]
Moi certo o que dis, porén, o título inicial era Vicerreino da Nova España, incorrecto polo xa exposto. Eu movín a Virreinato de Nueva España por consideralo integramente un nome propio, sen tradución. E mudei todo o texto no artigo, eliminando "Vicerreino/vicerreino" e modificándoo por "Virreinato...", en maiúsculas, cando considero que é un nome propio, un topónimo, e por "vicerreinado", en minúsculas, cando considero que é un substantivo, tal e como o recolle o DiRAG.
Amais ¿se se traduce "Virreinato " non habería que traducir "Nueva"? o que daría "Vicerreinado de Nova España". Non se achegaron referencias ao nome traducido ou adaptado ao galego. Mentres iso non suceda, o título do artigo debería ser, considerándoo un nome propio, na súa forma orixinal Virreinato de Nueva España e quedar as outras como redireccións.
En calquera caso, polo anterior, non me parece axeitado marcar con {{lixo}} e borrar Virreinato de Nueva España. En último caso, se non queda como título principal, debería quedar como redirección.
E aínda hai máis formas. Con artigo: Virreinato de la Nueva España, e por tanto: Vicerreinado da Nueva España e Vicerreinado da Nova España e tamén, simplemente, Nueva España e Nova España. --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2013 ás 11:10 (UTC)[responder]
O topónimo é Nueva España, vicerreinado é o territorio baixo xurisdición dun vicerrei, como Reino de España topónimo é España, e Reino é o territorio baixo a autoridade dun rei, ou como Concello de Vilalba o topónimo é Vilalba, ou provincida da Coruña o topónimo é A Coruña, non da Coruña, provincia é unha división administrativa, pensei que iso se daba por suposto.--Sernostri (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 12:07 (UTC)[responder]
Moi ben, concordo entón en que o título sexa Vicerreinado de Nueva España. Daquela, cando vaia no medo do texto, escribirase "vicerreinado de Nueva España" ("vicerreinado" en minúscula) non si?--. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2013 ás 18:48 (UTC)[responder]
De acordo coas vosas suxestións, xa modifiquei o artigo (con algún problema, porque alguén non respectou o marcador "en uso" mentres o facía).
De todos os xeitos, e aínda que a acato, non estou de acordo con esta solución, entre outras cousa, porque:
--XoioÉche o que hai 1 de setembro de 2013 ás 19:47 (UTC)[responder]
  1. Xa dixeches en tres sitios (no resumo de edición, na miña conversa e aquí) que alguén saltou hoxe o marcador de {{en uso}}. Insistes en dicilo despois de que, na túa conversa, xa che expliquei que non é certo. Tal e como se pode comprobar perfectamente aquí: historial. Ti si que, coas novas achegas, machacaches por riba texto que eu xa modificara (nota que as ligazón externas estaban revisadas e marcadas as mortas).
  2. Como sabes, os argumentos que dás non son validos/suficientes porque:
  1. Como se chame o artigo na Wikipedia en portugués ... é irrelevante nesta discusión.
  2. Que noutros artigos da Galipedia, 10 ou 100, apareza escrito dunha ou doutra é irrelevante nesta discusión.
E todo iso debido a que:
  1. A Wikipedia non é fonte primaria.
  2. A Wikipedia baséase (ou o intenta) en fontes acreditadas.
O único que é relevante é: Hai referencias acreditadas do nome en galego? Si? Non? Cítense. --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2013 ás 20:14 (UTC)[responder]
Última intervención, pola miña parte, nesta conversa (e máis no artigo).
Unha vez feitos os cambios solicitados, só me quedan dúas cousas por dicir:
1. Xa sei que o nome o artigo na Wikipedia en portugués é irrelevante, pero é un dato que, penso eu, hai que ter en conta. Canto aos outros artigos da Galipedia, ben sei que esta enciclopedia non é unha fonte primaria; o que quería sinalar é que, en ningún deles, se cuestionara o cualificativo da Nova España (ou do Río da Prata). De momento non encontrei más que esta fonte: Coro da Universidade de Santiago de Compostela, en Lugo Cultural, que non sei se será o suficientemente acreditada, pero é unha páxina froito dun convenio entre a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
A construción de catedrais en América -establecidas segundo os modelos peninsulares cos seus correspondentes cargos musicais- creou un novo mundo de posibilidades para os músicos españois, incitando a non poucos deles a embarcarse cara esas terras. Dentro do vicerreinado de Nova España fundáronse, entre outras, as catedrais de México (1534) e Puebla (1525) cuxo rápido desenvolvemento levou a que xa a finais do século XVI contasen con capelas musicais de verdadeira importancia e equiparables, en certos aspectos, ás máis importantes catedrais españolas. A catedral de Puebla pagaba aos seus mestres de capela soldos similares aos dos das de Sevilla ou Santiago de Compostela e, na cidade de México -aínda que algo menores- os ingresos dos músicos non eran nada desprezables. A estes atractivos hai que unir a facilidade para obter outros estipendios e tamén o recoñecemento que, polo feito de ser peninsulares, obtiñan no territorio americano. Isto explica que tantos músicos sen traballo como aqueles que contaban con bos postos no vello mundo decidisen cruzar o océano.
2. Con esta intervención, dou por pechada a miña participación nesta conversa, e tamén na redacción do artigo. Queda este, por tanto, sen o marcador "en uso" e, quen queira, que o continúe.
Un saúdo. --XoioÉche o que hai 2 de setembro de 2013 ás 10:47 (UTC)[responder]

Nova España / Nueva España[editar a fonte]

Usuario:HombreDHojalata e Usuario:Sernostri A Diciopedia emprega "Nova España". --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 10:22 (UTC) Pódese comprobar aquí. --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 10:25 (UTC)[responder]

Pois é unha referencia perfectamente válida, se non hai obxección penso que se pode cambiar sen problemas.--Sernostri (conversa) 9 de abril de 2014 ás 14:11 (UTC)[responder]

Ao mover hai que mudar Wikidata (Feito! Feito!). --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2014 ás 15:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vicerreinado de Nova España. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 10:40 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vicerreinado de Nova España. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 11:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vicerreinado de Nova España. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de abril de 2019 ás 13:38 (UTC)[responder]