Conversa:Vexetal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sería mellor redirixilo a planta?--Rocastelo 19:25, 25 xullo 2005 (UTC)

  • Logo de ler sobre a cuestión nunha enciclopedia (Historia natural do Instituto Gallach) parece ser que son sinónimos, pois ámbolos dous se opoñen a animal. A cuestión está en se teñen a mesma extensión de significado:
    Vexetais: fanerógamas (plantas con flores), criptógamas (significa "sexo oculto". Plantas con raíz, talo e follas), miscíneas (musgos. Carecen de flores, raíz, talo e follas), algas
    Planta. Indo a un dicionario encontro dúas acepcións que valen para o caso. A primeira di nome que enxeral recibe calquera tipo de vexetal (segundo isto serían sinónimas completamente). A segunda (que eu considero máis apropiada por ser a máis común e popular) di que as plantas son seres orgánicos vexetais provistos de raíz, talo e follas, que non teñen tronco coma as árbores. Segundo isto nin musgos, nin algas, nin bacteriaa, nin árbores, nin quizais grandes arbustos sexan plantas. Problema de esta definición ó meu modo de ver, non ten rigorosidade científica.--Lmbuga 22:39, 2 setembro 2005 (UTC)
  • Probablemente o mellor sería redirixir planta a vexetal e facer un subapartado para explicar a acepción popular de planta--Lmbuga 22:47, 2 setembro 2005 (UTC)
  • Os fungos e as bacterias non realizan a fotosíntese. As bacterias non son células eucariotas ¿Son vexetais? Supoño que non.--Lmbuga 23:25, 5 setembro 2005 (UTC)