Conversa:Tríscele

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Por sorprendente que nos pareza, en galego iso chámase "tríscele". Tampouco entendo que o título do artigo fose "trisquel" pero logo, no texto, só se empregue a forma "triskel". Pedro --Lameiro 21:44, 25 setembro 2007 (UTC)

Non quedan máis alternativas? Eu teño lido o tríscele e o trisquel en achádegos castrexos tardíos, usando preferentemente triquel, non valería para este tipo de elementos arqueolóxicos? Hai que usar só tríscele? Lansbricae (Ti dirás) 21:49, 25 setembro 2007 (UTC)

  • ¿E que che vou dicir que ti non saibas, chacho? (enseguida pensei no teu Castro de Santa Tegra cando mo dixeron esta tarde). O único que podo dicir é que o VOLGa así o recolle. E que me parece artificial. Personalmente prefiriría trisquel pero... ¿podemos discutirllo ó ILG e á RAG? O único que teño claro é que a forma con K é rexeitable por allea ó alfabeto galego. Saúdos. Pedro --Lameiro 21:58, 25 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo, haberá que respetalo, e tamén co do uso da K, que na galipedia ao meu entender aparece en esceso, pero ter controlado o seu uso e decidir cando si ou non é moi complicado. Sobreira e Xabier por exemplos teñen distintos posicionamentos no uso do KH que se usa tradicionalmente para o son "xota" ou a gh galega. Neso non me meto porque non sei, aínda que xa o fixera, logo se os linguistas non acordan, eu calo. Haberá que acomodarse a usar tríscele e grazas pola aclaración. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:08, 25 setembro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Tríscele. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 07:36 (UTC)[responder]