Conversa:Toxina botúlica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toxina botulínica / Botox[editar a fonte]

Fixen esta páxina sobre a toxina botulínica, pero despois decateime de que había unha páxina titulada Bótox. En principio, non é o mesmo toxina botulínica que Botox, porque Botox é o nome comercial (un deles) co que se vende o preparado a base de toxina botulínica tipo A. É dicir Botox ® é o nome comercial dun medicamento. Outros nomes de marcas similares que compiten con Botox no mercado da toxina botulínica tipo A son Dysport ou Xeomin, e tamén hai marcas que usan a toxina botulínica tipo B (que xa de ningunha maneira se podería chamar Botox), polo que o termo toxina botulínica é máis amplo que o de Botox. Porén, inevitablemente, como a toxina botulínica ten tantas aplicacións médicas e estéticas, nas cales se usa o Botox e outros medicamentos derivados dela, é lóxico que as informacións de ambas as dúas se solapen e poderían ser tratadas nunha soa páxina. Ademais, o Botox é o que se fixo máis popular. Por tanto, non sei se haberá que repartir os contidos entre as dúas páxinas ou fusionalas. Por outra parte, en wikidata todas as wikipedias titulan "toxina botulínica" ou "botulina" e só a nosa ten ligado en wikidata o nome "Bótox". Eu creo que iso non é correcto, e que en wikidata debe figurar "Toxina botulínica".

En canto a toxina botulínica ou botúlica, creo máis correcto botulínica que vén do nome da bacteria C. botulinum (botulinum > botulínica). Nas denominación internacionais abundan formas como Botulinumtoxin e similares, que indican que sacan o nome do da bacteria. Botúlica semella derivado da enfermidade botulismo (de botulus, salchicha). No DRAG aparece botúlico referido á bacteria que produce o botulismo (non di nada da toxina), pero no DRAG non aparecen todos os termos científicos, polo que botulismo non ten por que ser incorrecto, e penso que é a forma, con diferenza, máis usada, e tamén titulan así na wiki en portugués. Procurei no Google Académico en castelán e atopei 5760 páxinas con toxina botulínica, e só 15 páxinas con toxina botúlica (claro que isto é en castelán, polo que ten unha aplicación relativa, pero serve como indicación).--Miguelferig (conversa) 20 de abril de 2014 ás 18:55 (UTC)[responder]

  • Concordo con separar "toxina botúlica" de "Botox", por suposto, pero non na preferencia por "botulínica" sobre a recollida polo DRAG "botúlica". Para min está claro que os académicos sancionaron a forma "botúlico, -a" como adxectivo de aquilo "que provoca o botulismo", aínda que o exemplo que dean sexa a bacteria sería perfectamente aplicable á toxina. É de supoñer que sabían que a palabra usada por todos, por influencia castelá, era "toxina botulínica" e se optan por "botúlica" será por algo, seguramente por etimoloxía, non sei, pero que non se "olvidaron" da forma "botulínica". Claro que a min tamén me gusta máis a "toxina botulínica" pero é que eu estudei en castelán e teño o oído castelanizado. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de abril de 2014 ás 11:50 (UTC)[responder]
    • Eu non teño tan claro que o feito de que inclúan botúlica queira dicir que non se poida dicir botulínica. Igual o engaden máis adiante (como fixeron con tantas palabras nas que acabaron admitindo outras variantes moi usadas e concordantes con usos internacionais, acórdate de encima/enzima e tantas outras). Engadín unha referencia sobre botulínica do Diccionario Galego de Termos Médicos, que non ten tanta autoridade como a academia, pero indica que hai polémica e avala que se poida usar o nome polo menos como un dos nomes que se lle dá. "Botúlico-a" non só existe en galego, tamén en castelán, portugués, francés, pero é un termo anticuado, porque o que máis se usa con diferenza é botulínica. A única wiki principal que titula botulique é a francesa, pero inmediatamente indica entre parénteses que se pode dicir tamén botulinique. Intentei tamén poñer a referencia da páxina da Real Academia, pero parece que hoxe non funciona, dá erro; onte funcionaba perfectamente; a ver mañá. A maioría dos idiomas sacan o nome da bacteria, de botulinum e non da raíz botul (salchicha): Botulinum toxin, Botulinumtoxin, Tossina botulinica, etc. De todos modos, como polo momento a Academia sanciona só botúlica, vou cambiar o nome da páxina a botúlica, pero mantendo a redirección botulínica. Outra cousa, vou poñer en wikidata Toxina botúlica en vez de Botox, pero iso deixa a botox sen ligazón de wikidata. Non sei se haberá oposición a facer isto, pero o arranxo é facilísimo (volver a entrar en wikidata e volvelo cambiar; tárdase dous minutos).--Miguelferig (conversa) 21 de abril de 2014 ás 18:32 (UTC)[responder]
      • De acordo coa solución de deixar "botulínica" como redirección. O uso tan estendido e documentado en fontes de todo tipo é un argumento de peso, pero non porque apareza no Diccionario Galego de Termos Médicos, que é de 2002, anterior ás Normas; existe tamén un "Vocabulario de Medicina" (do SNL da USC, de 2008) que o único termo que recolle relacionado co que nos interesa é "botulismo", e non nos soluciona nada. É moi posible -ou non- que a RAG termine aceptando "botulínico", pero ata entón... agua y ajo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de abril de 2014 ás 19:29 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 7 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 06:07 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 09:39 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 23:10 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de marzo de 2019 ás 16:06 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de agosto de 2019 ás 13:40 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 00:14 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 16 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 00:14 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 17 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de decembro de 2019 ás 06:55 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 18 ligazóns externas en Toxina botúlica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de marzo de 2020 ás 09:16 (UTC)[responder]