Conversa:Terremoto e tsunami de Sendai de 2011

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como sempre que escribimos un artigo sobre un suceso puntual caemos na trampa de converte-la Galipedia nun xornal de prensa que queremos encher con noticias minuto a minuto. Na sección "O tsunami" hai que borrar todo o contido que segue ó primeiro parágrafo. Hai que eliminar desde "Ás 9:28pm (HAST), ..." ata "...contra as 16:00 hora local (23:00 hora galega)". Como a acción semlla drástica, prefiro recabar opinións antes de actuar. Pedro --Lameiro (conversa) 18:44, 17 de marzo de 2011 (UTC)

O problema non é o xeito de escribir o artigo, o problema reside en que logo nos esquecemos (eu incluido) de actualizalo. É dicir, esa frase é útil no momento xusto en que transcorre esa acción, pero logo, unha vez transcorrida, cómpre actualizalas. Desde logo, concordo con Lameiro en que agora, toda vez que xa pasaron seis días dende o sismo, o artigo xa clama por unha modificación profunda. --Paradanta (Cóntame) 18:52, 17 de marzo de 2011 (UTC)
Por suposto que artigos coma este esixen unha atención constante para engadir nova información, pero o problema xa xorde coa primeira redacción. Escribir, de peimeiras, cousas como "Ás 9:28pm (HAST), o Servizo Meteorolóxico Nacional dos Estados Unidos emitiu unha alerta de tsunami até as 7am para todo Hawai" ou "Espérase que as primeiras ondas cheguen a Illa Shemya ás 12:13am (AST)." non é enciclopédico en ningún momento, nin no minuto cero. Iso, en Alertas Google está moi ben, pero non na Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 19:42, 17 de marzo de 2011 (UTC)
Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:49, 17 de marzo de 2011 (UTC)
Umm, enciclopédico non será, pero aquí podemos engadir unha das nosas excepcións ás regras xerais, se se mellora a Galipedia. Imaxinádevos por un momento un acontecemento da magnitude e relevancia coma o sismo que aconteceu no Xapón. Imaxinádevos tamén que temos a dous ou tres usuarios que van actualizando constantemente os feitos, empregando e contrastando unha boa cantidade de referencias fiables (por exemplo, xornais na rede nacionais e internacionais). Se se expande o rumor de que na Galipedia se está a informar exhaustiva e pormenorizadamente dos feitos... a de visitas que poderiamos ter! E a de xente que nos coñecería! Unha boa ocasión para empregar Wikipedia:Ignore todas as regras, porque de seguro que sería bo para a Galipedia. --Paradanta (Cóntame) 09:45, 18 de marzo de 2011 (UTC)
Negativo. Wikipedia e Wikinews son cousas ben diferentes e cómpre non confundilas--. HombreDHojalata.conversa 10:30, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Engado eu: a relevancia dun feito non hai quen sexa capaz de predicila, aínda está por ver se nos imos lembrar disto dentro dun ano. O efecto 2000 ía ser a hecatombe da fin do milenio, e quedou nun ridículo xeral. Estou con Lameiro e con HombreDHojalata. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:43, 18 de marzo de 2011 (UTC)

  • Eu tamén estou con Lameiro, HombreDHojalata e Xoacas. --Atobar (conversa comigo) 11:13, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Terremoto e tsunami de Sendai de 2011. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 03:17 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Terremoto e tsunami de Sendai de 2011. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 20:21 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de setembro de 2019 ás 21:13 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Terremoto e tsunami de Sendai de 2011. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de setembro de 2019 ás 21:13 (UTC)[responder]