Conversa:Tarxeta de rede

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non seria mais correcto en galego "placa de rede"? estiven pescudando en dicionarios e non encontrei nada, pero placa nai é o comun e tarxeta só se lle chama en español.
Opinións?
Emilio juanatey 22:40, 25 abril 2007 (UTC)

  • En portugués é placa de rede, en español é tarjeta de red, en portugués é placa de son, en español é tarjeta de sonido... Resumindo o inglés board en portugués tradúceno para placa, e no español para red (excepto en placa madre, caso no que non usan tarjeta). Xavier Gómez Guinovart e Anxo M. Lorenzo Suárez teñen un vocabulario trilingüe galego-inglés-castelán na rede -http://webs.uvigo.es/sli/lexico/abc.html-, mais eu persoalmente boto en falta o feito de non teren en conta o portugués, lingua máis próxima á nosa que o español. Co VOLGA non amañamos nada, só que tarxeta e placa valen ambos, mais descoñezo se existen mais vocabularios galegos de informática, pois estaría ben saber que opcións presentan. Tamén hai outro glosario tetralingüe galego-inglés-castelán-portugués, mais é un pouco escaso en número de entradas e non encontrei nel ningunha tarxeta nin placa, trátase de http://webs.uvigo.es/sli/glinternet/index.html--Xoán Carlos Fraga 10:22, 26 abril 2007 (UTC)

Conclusión[editar a fonte]

Vistos os argumentos e que ninguén está en contra, facemos o cambio? Emilio juanatey 21:55, 5 xuño 2007 (UTC)