Conversa:Taboleiro de madeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Melanina/melamina[editar a fonte]

Acabo de facer a páxina da melanina, o pigmento escuro que lle dá cor á pel, pelos e iris e que nos pon morenos. Non entendo moito de taboleiros de madeira, pero fago esta pregunta: O recubrimento que se lle dá ás veces aos taboleiros é melanina ou melamina?

A frase deste artigo onde aparece é esta:

"Os diferentes tipos de taboleiros de madeira son materiais estables e de consistencia uniforme, teñen superficies totalmente lisas e resultan aptos como base para ser cubertos con chapa de madeira (enchapado), papel ou plástico (melanina) ou ser directamente pintados."

--Miguelferig 18:59, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Para min que o da madeira sempre foi melamina. Ese *melanina semella un claro erro, como tamén o é chamalo plástico. Pedro --Lameiro (conversa) 19:20, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)