Conversa:Software libre
A última ligazón non vai: "Libro en formato pdf sobre o Software libre (en español)"
- Elimineina, semella que xa non existe dita páxina. Un saúdo e grazas por avisares. --Alberte Si, dígame? 20:59, 15 outubro 2008 (UTC)
Ola Iago. Non sei como comentarche esta suxerencia para o artigo e creo que modificalo directamente non é o correcto. Se comparas o artigo co da versión en castelán, comprobarás que ilustran esta páxina cun mapa conceptual do Software Libre, realizado por René Merou. Dende a comunidade de software libre galega e dende a de localización (a que traducimos o software libre ao galego), temos traducido dito mapa ao galego. Ademáis o autor, preguntanos se o podemos subir a galipedia para ilustrar dita páxina como xa fan noutros idiomas, xa que el se preocupa de que dito mapa estea traducido a cantos máis idiomas mellor. O mapa podes atopalo na seguinte páxina (http://es.gnu.org/~reneme/fsmap/gl/map-gl-w.svg) anque está pendiente de subsanar uns pequenos erros. Con respecto ao enlace ao libre de Jordi Más, neste enderezo, http://gent.softcatala.org/jmas/swl/, podes atopar os enlaces as tres versións do mesmo, catalán, castelán e galego. Seguro que non estou facendo isto no sitio adecuado, pero espero que me indiques como facelo para a próxima e se o podo facer directamente no artigo (se hai algunha excepción). Keko 12:07, 7 xaneiro 2010 (UTC)
- É o sitio axeitado. Eu xa coñecía o mapa, pero non se me ocorrera subilo. Haberá que subilo á Commons. Xa me encargo eu agora mesmo de subilo e poñelo no artigo. Un saúdo! --GallaecioE logo? 12:52, 7 xaneiro 2010 (UTC)
- Antes de subilo hei poñer as tiles que faltan e corrixir a tradución (vin de primeiras "Distribuciones"). Imaxino que xa alguén se estará encargando de facelo na versión oficial, de todos xeitos. --GallaecioE logo? 12:56, 7 xaneiro 2010 (UTC)
- Mellor vou falar con Miguel (non vira a autoría do mapa ata que comecei a editalo) e a ver se xa o corrixe el. En canto o teña o subo á Commons (ou a ver se xa o sube el). --GallaecioE logo? 13:10, 7 xaneiro 2010 (UTC)