Conversa:Seabra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Xa veremos se é A Seabre (Seabre / Seabra creo que hai unha localidade en Ourense < Senabriga, como Sanabria), pero non sei se será un arcaísmo

Rivas Quintas, Língua galega: nivéis primitivos (1994), $ 94, p. 147: "Senábrega, Senábreca (ano 909), donde Sanabria, que os nativos din Senabria e xa chegara no século XIV a Seabria" - IP 213606030

Ben, parez que en português é Seabra e Póvoa de Seabra, aínda que ha hesitaçâo de abondo sobre como teñen que denominala (vexo que entre as designacións de serras fronteirizas, usan Serra de Sanábria). Haberá que usar Seabre ou Seabra ? Lago de Seabra ou de Seabre entón, etc. Na zona oriental as formas parecen evoluír de -briga a -bra: Oimbra, Biobra (cfr. Mendoia < Nemetóbriga) e, se tomamos o exemplo portugués, Seabra - IP 213606030

  • Quixera saber cal é a referencia para mantermos A Seabre, todas as referencias que estou a mirar falan de Seabra, véxase A lingua galega, historia e actualidade que é explícita. É un topónimo do estilo Oímbra, Robra que tende a rematar en a por ter a súa orixe nun -briga.--RNC 09:11, 13 xuño 2009 (UTC)
  • Logo de mirar en internet e de consultar algúns traballos sobre toponimia case estou convencido que Seabre, con ou sen artigo, é unha confusión ou un invento, derivado de Senabriga só aparece Seabra (tamén poden aparecer Xiabre, aínda que para outros deriva de Senabrixs, Seavia -non moi claro- e como diminutivo Sabrejo. Seabre non aparece por ningures, ben sexa con ou sen artigo.--RNC 15:43, 13 xuño 2009 (UTC)
  • Non é unha comarca administrativa, Castela e León só ten unha comarca recoñecida oficialmente, a do Bierzo, houbo algúns estudos pero nada oficial, xa que non é unha unidade administrativa recoñecida non creo que deba ter nome dobre, como non os teñen os montes nin as serras nin os ríos.--RNC 15:14, 26 xuño 2009 (UTC)