Conversa:Saudade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Polo que atopei, hai/houbo unha revista titulada Saudade, pero non conseguín saber dela nin o suficiente para facer unha páxina de homónimos. Agora hai dous ou tres artigos que falan desa revista ligándoa con Saudade, a pelo. Algo haberá que facer, pero eu non teño como. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:05, 29 de decembro de 2010 (UTC)

  • Xoacas, na web do Ramón Piñeiro te-la referencia desa revista Saudade (verba galega nas Américas), editada en México. E poides baixarte o facsímile onte atoparás unha ficha técnica detallada da revista, colaboradores, etc. Pedro --Lameiro (conversa) 12:05, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Ay ondas, que eu vin veer,[editar a fonte]

Atopei unha referencia na Biblioteca Virtual Cervantes, no apartado adicado a Martín Codax. O texto é un pouco diferente ó que hai no artigo:

Ay ondas, que eu vin veer,
se me saberedes dicer
porque tarda meu amigo
sen min?
— Martín Codax.

¿Cambiarase?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:34, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Tomeino do texto de Landeira (ver notas), pero hai que ter en conta que é un texto en castelán, polo que pode ser que o primeiro signo de interrogación sexa da súa colleita, xa que vai destinado a un público castelánfalante. Isto xa o pensei no momento de escribilo, pero preferín deixalo tal como está no texto de referencia. O que non vexo eu claro é que pinta esa coma tras "ondas", dálle á frase outro sentido. Polo Y non me preocuparía, ata non hai moito non había diferenza ningunha entre o I e o Y, e mesmo o J, así que imaxínate ti como sería na idade media. Tamén existe a posibilidade de que na transcrición do texto medieval o autor (calquera autor) se vexa obrigado a facer adaptacións deste tipo, de modo que estamos falando dunha cantiga de Martín Codax segundo fulano ou segundo mengano. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:53, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Eu a tanto non chego, só chego ó que vin nesa páxina web. Como nota curiosa engado que a referencia que puxen eiquí, a pesares de estar na Biblioteca Virtual Cervantes, ten dous traballos de escritores portugueses. Tamén puxen a referencia pola coma que ti dis, Xoacas, aparece nos dous textos de referencia que teñen na Biblioteca Virtual Cervantes. Nese enlace tamén teñen as imaxes dixitalizadas das cantigas pero ahí enténdese menos, polo menos eu entendo menos. Si alguén controla máis do tema, que lle de un vistazo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:17, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Fernández Guiadanes, A., Magán Abelleira, F. e outros publicaron en 1998 Cantigas do Mar de Vigo. Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martin Codax (editado polo Centro Ramón Piñeiro). A trascrición que dan é a seguinte: "Ai ondas que eu vin veer,/ se me saberedes dizer/ por que tarda meu amigo sen min". Dedica 6 páxinas a comentarios, que me superan, dos que só copio o que afecta ós detalles que discutides: "Sobre a puntuación do verso comenta Ferreira: "Não colocámos vírgula após 'Ai ondas' para não quebrar o padrão rítmico com que se incia a melodia, que exhibe, aliás, uma notável continuidade até ao seu final". Cunha e Nunes si colocan unha coma entre 'ondas' e a cláusula de relativo seguinte, mentres que Braga separa, unicamente, a interxección inicial ('Ay, ondas'); Machado, pola súa parte, puntúa do seguinte xeito: 'Ay! ondas...'". Non vexo argumentación pero escribe dizer e por que separado. Finalmente, pecha a cantiga sen máis puntuación que o punto final, aínda que explica que "Efectivamente, esa [signo de interrogación] é a tónica das edicións: Braga, Oviedo y Arce, Bell, Cunha e Ferreira finalizan o verso con signo de interrogación. Nunes, sen embargo, considera que o ton é exclamativo e nin interrogativo. Nós, pola contra, como Spaggiari, optamos por non puntuar de ningunha desas dúas formas ó considerar que se trata dunha interrogativa indirecta que non precisa puntuación algunha". Se todo o anterior serve para confirmar, rexeitar ou referenciar, vós veredes. Eu son de ciencias. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:51, 30 de decembro de 2010 (UTC)
A min non me preguntedes que eu tamén son de ciencias!!! :D. Saúdos e Bó Aninovo a todos!!, --Elisardojm (conversa) 14:08, 31 de decembro de 2010 (UTC)