Conversa:Samaín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Que ten que ver o samaín coa wicca? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:50, 23 de xuño de 2010 (UTC)

ten que ver que é a festa maior entre todas, da relixión wicca, como o nadal os cristiáns. Que sexa algo tradicional non quita que sexa tamén relixioso. --Nachete93 18:34, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Por certo que non entendo porque tendo unha palabra en galego pra dicir Samaín, e úsase no artigo, poñan ó lado a pronunciación en gaélico.

Segundo pon no artigo é un neoloxismo procedente do irlandés e nese sentido podería ter sentido a referencia á pronuncia gaélica.--Cheluco 18:44, 30 de outubro de 2010 (UTC)

De feito eu moveríao a Día de defuntos, gústame máis. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:02, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Creo que non é o mesmo o día de defuntos é unha festa cristiá, e máis especificamente católica, que se celebra o 2 de novembro, o samaín entre o 31 de outubro e o 1 de novembro--Cheluco 19:33, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Digamos que o día de defuntos xa estaba, como estaban o Nadal ou o San Xoán ou tantas outras. Logo viñeron os cristiáns e levaron a auga ó seu rego. Non é descabellado movelo, pero tampouco vou insistir. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:56, 30 de outubro de 2010 (UTC)

poderíase facer unha aclaración prás persoas que anden a buscar o Día de Tódolos Santos e viceversa. --Nachete93 10:33, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Efectivamente, o Día de Defuntos, orixinariamente, era unha cristianización do Samaín, mais hoxe en día xa constitúen dous eventos diferentes. O que se pode facer, como di Nachete93, é poñer ao inicio do artigo, como sucede noutros, unha nota Quizáis procure Día de Defuntos, ou algo polo estilo. E crear o correspondente artigo, claro. Saudiños.--Paradanta (Cóntame) 11:04, 31 de outubro de 2010 (UTC)
Ocórreseme un {{Nonconfundir}}. --Toliño Fala aquí comigo 11:05, 31 de outubro de 2010 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. Por min, perfecto!--Paradanta (Cóntame) 11:08, 31 de outubro de 2010 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas