Conversa:Saliva

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Primeira edición a partir de pt:Saliva. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:44, 17 de agosto de 2010 (UTC)

Fixen a corrección ortográfica (e morfolóxica) que se pedía no aviso, e creo que é suficiente tal como está agora. Cambiei tamén algunhas palabras como camundongo (que en Brasil saben o que é pero en Galicia non) por roedor, cloreto por cloruro, glicogénio por glicóxeno, prados para corridas de cavalos por hipódromo, e varias máis dese estilo. Non modifiquei moito doutros aspectos sintácticos. Finalmente retirei o aviso de corrección ortográfica... se é que o podo facer eu. Miguelferig 17:54, 19 de outubro de 2011 (UTC)
Podes, podes. Ben feito e ben explicado. --Atobar (conversa comigo) 23:46, 24 de outubro de 2011 (UTC)

Nomes populares[editar a fonte]

Aínda que a RAG non inclúe a marca popular para os sinónimos cuspe e chuspe (o que si fai, en cambio, con cuspia) parece obvio que todos estes sinónimos son populares, e que o único válido no rexistro formal é saliva. Este é un artigo de fisioloxía, e aínda que e posíbel, e recomendábel, mencionar os sinónimos populares, non se debe esquecer que o único culto é saliva. A propia Academia fala de glándulas salivares, e non hai ningún sinónimo gándulas cuspidais (ver salivar1 no dicionario académico). --XoioÉche o que hai 28 de maio de 2014 ás 17:56 (UTC)[responder]

Paréceme ben, pero para modificalo hai que dar algunha referencia válida, xa que do DRAG non fai distinción, de feito no digalego saliva remite para cuspe, algo que de ser saliva o único válido no rexistro formal carecería de sentido.--HacheDous=0 (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 15:10 (UTC)[responder]
Atopei unha fonte de referencia que remite saliva como rexistro médico. Non sei se agora queda ben a redacción "A saliva[1] [2] ou en contextos non científicos cuspe/chuspe, e popularmente cuspia". Ou se propoñedes outro.--HacheDous=0 (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 15:51 (UTC)[responder]

No Dicionario de Termos Médicos de 2002 utilizan sempre saliva, tanto na entrada saliva, coma en glándula salivar e en moitas definicións doutras entradas de termos nos que intervén a saliva (aptialia, amilase, aerosialofaxia, insalivar...) --Miguelferig (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 16:11 (UTC)[responder]

Ben, entón reafirma que no rexistro médico, e por extensión científico, esa é a forma que se ha empregar.--HacheDous=0 (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 17:43 (UTC)[responder]