Conversa:Ryszard Kapuściński

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como fixen bastantes mudanzas, explícoas aquí:

1. completei a biografía, aínda que seguramente aínda queden moitas cousas por engadir. O meu polaco non é aló gran cousa.

2. ordeei a produción escrita, procurando ser máis inclusivo. Ordeeina pola súa publicación orixinal, e non pola súa publicación en español, como estaba antes. Dos libros máis importantes abrín chave, por se alguén se anima a proseguir os artigos.--Xabier Cid 15:19, 8 xaneiro 2007 (UTC)

Grazas por explicar os cambios. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:47, 8 xaneiro 2007 (UTC)


Outras mudanzas que explico. S--Xabier Cid 18:05, 16 xaneiro 2007 (UTC)uprimín unha ligazón externa a Lecturalia por tres razóns

  • entendo que a wiipedia debe ser prudente coas ligazóns externas
  • entendo que non deberiamos ligar a páxinas que acheguen menos información có propio artigo, especialmente cando están noutro idioma, porque o único que facemos é enredar o usuario, que desconfiará cada vez máis da utilidade de clicar nas ligazóns externas da galipedia.
  • entendo que poderiamos ligar nesas circunstancias de achegar menos información có artigo a algunha páxina que a) fose oficial, b) estivese en galego e puidese dar algún valor engadido por esa razón ou c) teña algunha característica simbólica ou de contraste que a faga interesante. En todo caso, isto creo que debería explicarse na descrición da ligazón externa.
Parecen-me critérios moi ben definidos. Talvez cumpriria propó-los como política da Galipedia. Tamén penso que as ligazóns externas deberian incluir máis información da que teñen habitualmente, pasar de ser simples listaxes a teren un comentario (no sentido de "bibliografia comentada") que lles engadise valor. --Xosé (✉) 19:04, 16 xaneiro 2007 (UTC)