Conversa:Rusia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A 1ª división deste artigo é problemática. Debe revisala un administrador ou similar - Montes, 2 de xaneiro de 2008, 0:27

  • Cal é exactamente o problema para poder solucionalo? AlberteSi, digame? 17:55, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Unificación de artigos[editar a fonte]

Propoño que artigos como o de Xeografía de Rusia, Economía de Rusia e Subdivisións de Rusía queden incluídos neste debido a que non ten sentido telos por separado vendo o curtos que son. O apartado de Historia poderíase facer un resumo máis xeitoso ca o que hai, non entendo como poden resumirse en 15 liñas a historia dun dos países máis poderosos e antigos do mundo.

En canto o resto do artigo pareceme que calquera que o vexa dirá, pero isto que é?. Eu mesmo non entendo como o artigo da Unión Soviética está moito mellor ca este que é un país actual. --83.35.148.206 11:33, 6 de abril de 2012 (UTC)

Podes explicar a que te refires exactamente cando dis "Xeografía de Rusia, Economía de Rusia e Subdivisións de Rusía queden incluídos neste"?--. HombreDHojalata.conversa 11:38, 6 de abril de 2012 (UTC)
O teu comentario na miña paxina de conversa estoume a referir. En lugar de "copialos" unificalos, é dicir borrar os outros e deixar só o apartado neste --83.35.148.206 11:43, 6 de abril de 2012 (UTC)
Discordo--. HombreDHojalata.conversa 11:44, 6 de abril de 2012 (UTC)
Por qué? Cal é o motivo da túa discorda?. O único que propoño é mellorar este artigo que a verdade é que é un dos máis cutres--83.35.148.206 11:48, 6 de abril de 2012 (UTC)
Discordo con borrar os outros artigos. --. HombreDHojalata.conversa 12:03, 6 de abril de 2012 (UTC)
Coincido co de non borralos, tal vez precipiteime, pero habería que amplialos e neste deixar un pouco máis de información non só unha ligazón cara os outros. Polo menos no resto de artigos de outros países nos que pasa isto o apartado inclúe algo máis de dúas liñas, e creo que Rusia da para máis de dúas liñas --83.35.148.206 12:13, 6 de abril de 2012 (UTC)
Creo que niso coincidimos todos. Adiante. Lembra achegar referencias e/ou indicar no resumo de edición de onde veñen os contidos. --. HombreDHojalata.conversa 14:44, 6 de abril de 2012 (UTC)


Que máis fontes precisa o artigo? A historia é a que é e iso podelo ler en calquer libro de historia, polo que non entendo a fonte necesaria. En canto a organización politica, tamén é a que é, así aparece na versión rusa desta enciclopedia e na páxina do governo ruso. [1]. --83.35.148.206 16:41, 6 de abril de 2012 (UTC)

Nunha sección "bibliografía", cite algún deses "calquer libro de historia", por favor. Grazas.--. HombreDHojalata.conversa 13:32, 7 de abril de 2012 (UTC)

Relixións[editar a fonte]

Dise testigos ou testemuños de xeová? --83.54.79.31 13:57, 7 de abril de 2012 (UTC)

http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=45252 --. HombreDHojalata.conversa 14:18, 7 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Rusia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de novembro de 2019 ás 06:44 (UTC)[responder]