Conversa:República Serbia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúas ou tres entidades?[editar a fonte]

Nas wikis inglesa, portuguesa e castelá fala de dúas entidades (República Serbia e Federación Bosnia e Hercegovina), no canto de tres. Si está ben que son tres, entón hai que cambiar o artigo Bosnia-Hercegovina, que tamén fala de dúas entidades. Si está mal, hai que correxilo neste. ¿Alguén que saiba do tema? Miguel.lima 16:08, 13 agosto 2007 (UTC)

  • Son dúas entitades tan como estableceron os acordos de paz. O distrito de Brcko é un territorio, de maioría musulmana antes da guerra, con autogoberno que formalmente pertence ás dúas entidades--André 16:25, 13 agosto 2007 (UTC)
  • No meu parecer deberíamos manter o nome orixinal, Republika Srpska, que é o que fan as organizacións internacionais. República Serbia non é un nome válido porque dá a confusión coa República de Serbia (nas linguas eslavas o adxectivo pode ser igual que o sustantivo). De feito, a Republika Srpska ten como nome de facto en inglés na súa documentación interna Republic of Srpska. As opcións válidas en galego serían República de Srpska, que no me u parecer dá a error xa que non é unha república, senón unha entidade autónoma sen atribucións propias dunha república (de feito ten menos que Galiza) ou manter o nome orixinal Republika Srpska, explicando no contido do artigo esta cuestión.

--217.75.194.148 14:50, 3 de febreiro de 2011 (UTC)

Republika Srpska[editar a fonte]

O uso de República Serbia da lugar a confusións coa República de Serbia, habería que mover o título a Republika Srpska que é o que utilizan o resto de wikipedias para referirse a este artigo. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 12:25 (UTC)[responder]

Usuario:AMPERIO non diches tempo algún para debater o movemento... --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 12:34 (UTC)[responder]
O tema foi expresado xa no 2011 por un usuario anónimo e leva na conversa desde entón, sin que ninguén aportara nada. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 13:15 (UTC)[responder]
Usuario:AMPERIO Xa, mais o argumento de "pode dar lugar a confusión" non é valido, para iso empregaríase en todo o caso República Serbia, Bosnia e Hercegovina, do mesmo xeito que temos Córdoba, España e Córdoba, Arxentina. É dicir, as regras son claras: o título ten que ir en galego, iso sí, hai que buscar referencias. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 13:22 (UTC)[responder]
Tampouco temos á Federación de Bosnia e Hercegovina no seu nome bosníaco para diferenciala de Bosnia e Hercegovina... --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]
@Norrin strange: Referencia pois o nome en galego deste territorio de Bosnia e Hercegovina. O tema da Federación de Bosnia e Hercegovina é diferente posto que no título xa inclúe Federación de.. mentres que o nome do país é simplemente Bosnia e Hercegovina quedando así diferenciado. O nome oficial de Serbia é República de Serbia Република Србија, polo que si se poden confundir os dous artigos para aqueles que non teñan moita idea de xeografía. Como dixen, se aportas referencias para o nome en galego desta rexión (para min non serían válidas as referencias á outra Serbia), recoñecerei o meu erro e eu mesmo moverei de novo o artigo. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 13:34 (UTC)[responder]
Serbia é República de Serbia, a entidade da que trata o artigo é República Serbia, tal como está agora é unha aberración para ser admisible debería haber fontes que afirmen con rotundidade que esa é a denominación correcta en galego, a ninguén se lle ocurriría poñer como título de Serbia Srbija, xa que hai unha forma galega para ese nome,.--Sernostri (conversa) 3 de abril de 2014 ás 13:41 (UTC)[responder]
@AMPERIO: Hai referencias dabondo, no mesmo IGADI por exemplo: 1 2. Por outra parte, sobre a posible confusión, tamén temos cousas como Xeorxia e Xeorxia, Estados Unidos de América, e non movemos o segundo a Georgia, senón que empregamos páxinas de homónimos e unha mensaxe ao comezo da páxina co Modelo:Outroshomónimos. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 13:44 (UTC)[responder]
Isto é a wiki en galego, non a wiki en inglés. Tampouco temos, por certo, que empregar os nomes oficiais, na política de topónimos di claramente que o nome galego ten preferencia sobre o oficial. E xa hai referencias para o nome galego. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 13:50 (UTC)[responder]
OK.--AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 13:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en República Serbia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 03:49 (UTC)[responder]