Conversa:Reino suevo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Reino Suevo»)

Untitled[editar a fonte]

Debemos diferenciar claramente dous momentos na alta idade media galega, en relación aos séculos V-VI. É dicir, o reino suevo "Regnum Suevorum" podemos facelo extensible aos primeiros reis, sen embargo no VI propiamente dito, tal denominación se dilue e se comeza a falar de Galliciense Regnum. É dicir, pasamos dun estado de Reino dos Suevos, trala súa chegada, a un momento de integración "Galliciense Regnum".

  • Estou de acordo nesa distinción o último periodo é de integración no reino visigodo. Modifica e mellora sen medo. Lansbricae (Ti dirás) 00:58, 15 decembro 2007 (UTC)
  • Adiante coas mudanzas, toda mellora é benvida. AlberteSi, digame? 11:35, 15 decembro 2007 (UTC)

Grazas pola vosa benvida, hai otra cousa que me gustaria propoñer, é no referido á imaxe da bandeira de Estado do Reino suevo, entendo que hai unha descripción do sec XVII sobor da bandeira sueva, s.VI, non sabemos en que se fundamenta certamente, logo coido que estaría ben engadir esa descripción, pero non poñer unha bandeira composta actualmente, primeiro porque o calice non estaría dentro da descripción do documento, e segudo porque realmente é unha adaptación ou recreación que non ten unha base estetica algunha. Concluindo que vos parecería engadir a cita onde se fala das armas suevas pero rexeitar a bandeira ai posta?, grzas pola benvida. --88.18.30.51 22:28, 18 decembro 2007 (UTC)

  • Estou de acordo. Eu do primeiro que fixen na Galipedia foi poñer esa bandeira na lista de reis suevos, e rapidamente explicaronme que a bandeira era claramente unha recreación fraudulenta. Por iso a bandeira non debe ir, mais se existen referencias que describan como era esa bandeira na realidade adiante con ese engado. AlberteSi, digame? 15:21, 19 decembro 2007 (UTC)
  • Non sera intención de vandalismo esta edicion 22:28, 18 decembro 2007 88.18.30.51 que veño de desfacer. Sera intecion de pór ben os interwikis. Semella que hai confusion entre os artigos suevos e o Reino Suevo. ElviraConversa comigo 21:41, 21 maio 2008 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Penso que para que unha referencia sexa válida ten que ter un autor, coas excepcións correspondentes a datos ou documentos oficiais. Neste artigo dáse como referencia de que é o primeiro reino de Europa un texto tirado da web do BNG á súa vez tirado da web de pangalaica sen que conste autor. Vou retirar esa referencia por non considerala válida como fonte.--Arco de Rayne 20:40, 12 xuño 2008 (UTC)

Parroquias[editar a fonte]

Por moito que andiven a mirar, non atopei referencia ningunha á orixe da parroquia en época anterior á romana, ao contrario do que se afirma no artigo, onde dí "formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias, institucións celtas que se mantiveron, do mesmo xeito que a estruturación comarcal en arciprestados". En todas as fontes que atopei poñen como orixe da institución parroquial actual ao Concilio de Treento, que é do S. XVI, pero en ningún caso se podería ir alén do S. VI, antes do cal parece que a idea de parroqua non se tiña plasmado conceptualmente.--Xoacas (qué me queres, amor?) 02:30, 24 maio 2009 (UTC)

En calquira caso non atopei moito sobre este tema, así que agardarei uns días antes de deicidirme a borrar esa referencia, en principio, errada.

É certo que non hai continuidade entre os castros e as parroquias (ver A romanización de Galicia de Felipe Arias, pp 65-68) pero as vilas eran herdeiras de asentamentos prerromanos (ver Nova Historia de Galicia de Portela e Valladares, 1996, páxina 71) e mesmo segundo se deduce da toponimia boa parte das parroquias suevas erixíronse sobre un substrato prerromano (ver Historia de Galicia de Ramón Villares, páxina 81) as parroquias constituían o marco básico de encadramento social da poboación rural na época sueva (ver O reino medieval de Galicia de López Carreira, páxina 187). O que xa non sei é de onde tiras os datos do comezo da parroquia galega do século XVI, o concilio de Trento non influiu na organización demográfica de Galicia, influiría nos aspectos organizativos da propia parroquia eclesiástica, é dicir fundamentalmente no párroco e na súa relación cos veciños.--RNC 09:34, 24 maio 2009 (UTC)

Chego algo tarde a esta conversa, desculpa RNC a miña demora. Sobre o tema das parroquias suevas, etc. Se cadra isto pode axudar nalgunha medida a mellorar o artigo. Primeiro temos que ter en conta que o que no século VI se entendian como parroquias non tiñan absolutamente nada que ver coa idea de parroquia actual. As chamadas "parroquias" do século VI eran grandes territorios, que hoxe chamamos "arcipestadegos", e comunmente chamamos "bisbarras ou comarcas", tales como son Bergantiños, O Morrazo, Salnés, a Terra de Montes, Valdeorras, etc.. Isto observase perfectamente no propio texto do Parrochiale Suevorum: "XI. 1. Ad Iriandem sedem ipsa Iria: 2. Morracio. (Morrazo) 3. Salinense. (Salnés) 4. Contenos. 5. Celenos. 6. Metacios. 7. Mercienses.(Merza) 8. Pestemarcos. (Posmarcos)

O nome de "Parrochiale Suevorum" coexiste co de "Divisio Teodemiri" (División do rei de Galiza, Teodomiro), e se cadra este último é máis apropiado para o documento, xa que é dado á menor confusión.

Por ourta parte, estas territorios "parroquias" non eran suevas, eran anteriores á chegada dos suevos en varios séculos. Sen embargo, é baixo o goberno do rei suevo, Teodomiro cando toman carta de oficialidade no Concilio Lucense, é dicir, non son parroquias suevas, senón territorios preexistentes organizados en dioceses durante a monarquía sueva.

Exemplos:

Parrochiale Suevorum s.VI

Pestemarcos Celticos Coporos Arros Lapatiencos

Etnónimos aportados polos autores clásicos:

Praestamarici Celtici Copori Arroni Lapatianci

etc...

En troques, as parroquias galegas actuais, é dicir, o espazo organizativo arredor dunha igrexa principal que lle dá nome á parroquia, non é anterior aos séculos XII-XIII.

Bueno, non sei se puiden axudar nalgo. Un saúdo compañeiros.--Alexandre Vigo 12:53, 8 xuño 2009 (UTC)

Por mí vale.--Xoacas (qué me queres, amor?) 00:21, 26 maio 2009 (UTC)

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 14:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Reino suevo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de abril de 2020 ás 20:40 (UTC)[responder]