Conversa:Refrán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Todos asumimos por refrán ese dito curto e fixo que pretende ser sabio (o que nesta páxina se denomina proverbio). Así se define como primeira acepción nos dicionarios da RAG e da RAE (e seguramente en tódolos demais). Así se entende nas entradas desta galipedia refraneiro e lista de refráns. O que aquí se dá como significado principal (primeiro) de refrán (ese verso repetido) é unha segunda acepción e dá lugar a confusión no usuario. Propoño cambia-la orde das acepcións e devolverlle a refrán o seu primeiro significado. Pedro --Lameiro 19:45, 23 agosto 2007 (UTC)

Refrán/proverbio[editar a fonte]

Proverbio significa isto e só isto (ou conceitos moi similares ) no latin e no galego desde o comezo da nosa lingua. Refrán, que ven do occitano e entrou através do francés na maioría das linguas occidentais, está vivo no noso idioma desde a época das cantigas.

O feito de que hoxe a palabra refrán se asocie mais co dito popular que coa música e coa poesía débese a que o español inventou unha palabra propia, estribillo, que desprazou a refrán (que tiña o mesmo significado en español desde o século XIII) no español de España e se contaminou ao galego, e que se usa como sinónimo en portugués.

Eu penso que non deberiamos subordinarnos a ese uso e mantermos a dicotomia refrán/proverbio, que ademais se dá na maioria das linguas do noso entorno, se se quere reflectir o uso comun do galego de hoxe pódese facer unha desambiguación que leve aos dous artigos ou incluso tamén ás cantigas de refrán.

--Emilio juanatey 22:57, 23 agosto 2007 (UTC)

  • Si, Emilio, si. Non discuto que "refrán", en galego" signifique as dúas cousas e que "proverbio" sexa só unha das dúas acepcións de refrán. Pero ós feitos me remito: o uso actual en galego da palabra "refrán" é esa acepción que todos temos en mente. E non só actual senón máis vella que Dios e absolutamente común. E non por "subordinación" ó uso castelán desde logo. Non sei cómo o solucionarian "a maioría das linguas do noso entorno" pero teño ben claro que a nosa lingua o solucionou así: dando a refrán o uso principal de dito, proverbio, adaxio, etc. Sei que conserva o outro significado, pero nunha segunda acepción. Creo que é algo evidente para todos e a ninguén pode sorprendérno-los cambios de significado das palabras co paso dos anos e dos séculos. Pasa tódolos días.
  • Non me importa unha páxina de homónimos que separe as dúas acepcións pero non a vexo útil por dúas razóns: porque un artigo para o refrán dos versos e cantigas sería -supoño- curto de máis, xa que ten pouco xogo; e porque a páxina de refrán como refrán só podería ser esa: refrán; e a páxina de refrán como verso tería que leva-lo engadido: "refrán (verso)". Co cal volvemos ó principio.
  • Pedro --Lameiro 23:20, 23 agosto 2007 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

o tema tampouco dá para tanto, asi que poño unha proposta: asi como nas wikipedias en inglés (refrain/proverb), francés (refrain/proverbe), português (refrão/provérbio) e español (estribillo/proverbio -refrán redirecciona a proverbio) eu propoño que se manteña este esquema, con refrán co contido actual e o outro artigo co nome que se decida: proverbio, dito.. Repito as razóns, en galego estribillo non é normativo, e non existen razóns para saltarse a normativa posto que é un castellanismo evidente e non discutido nen en português (ver Houaiss) polo que só temos unha palabra (no sentido musical tamén se usa coro, que é un anglicismo), mentres que para o outro significado temos varias. Por se a alguén lle resulta estraño podese por no artigo refrán unha liña de outros usos que leve a unha desambiguación. un saúdo, e sinto dar a vara. --Emilio juanatey 10:28, 24 agosto 2007 (UTC)