Conversa:Ría da Coruña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Hai contradicións na Galipedia, aquí dise que é unha das Rías Altas, mais alí non figura.

Pola contra si figura no artigo Rías Medias.--. HombreDHojalata.conversa 15:52, 8 de xullo de 2010 (UTC)

Eu sempre a coñecín como das Rías Altas, de feito, nunca fixen clasificación en Rías Medias, que eu lembre. --Toliño Fala aquí comigo 11:33, 9 de xullo de 2010 (UTC)
Na sección da "Orixe e a xeoloxía das rías galegas" en Rías de Galicia teño detallado o porqué aparece o termo de "rías centrais", coas referencias que o xustifican. En esencia, xorde da súa xeomorfolóxica: o momento de aparición, a orientación e a hidrodinámica de correntes no interior das rías. Así que, ma literatura, cando só se establecen dúas clasificacións faise denominándoas Altas e Baixas; e incluíndo as rías Medias ou Centrais dentro das rías Altas, xa que a súa orixe e orientación da pé a facelo. De aí ven o caso da ría do Burgo. Mgl.branco (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 16:48 (UTC)[responder]

Nome: Ría do Burgo ou da C'ruña[editar a fonte]

O nome tradicional da Ría, e que usamos na comarca, foi sempre ría do Burgo. Corrixídeme. Só teño lido a denominación de Ría da Coruña en textos recentes, e pouco relacionados coa súa pesca, a histórica etc. De feito, o que xeolóxica e hidroloxicamente funciona como ría é o interior e o que a vila do Burgo "pecha". Hai bibliografía para xustificar ambas denominacións ou listar unha antes ca outra? Mgl.branco (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 16:48 (UTC)[responder]

Existir existen publicacións coa forma Ría da Coruña, Antropoloxía mariñeira do CCG, e curiosamente nas NOMIG [1] na páxina 141.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 18:06 (UTC)[responder]
Certo, pero ó que ía: na CCG hai tres referencias posteriores ao ano 1990/2000 e a normativa é algo máis antiga pero 1982. Na miña opinión, son todas recentes. Nota: sigo a buscar referencias :). Mgl.branco (conversa)