Conversa:Pedro González Telmo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo teño entendido San Telmo non é, curiosamente, un santo. Se alguén o confirmara habería que elimina-la categoría Santos. AlberteSi, digame? 11:40, 4 maio 2008 (UTC)

  • Segundo a Enciclopedia Católica, que data de 1911 non é santo [1], aínda que o seu culto está aprobado pola igrexa católica.--Arco de Rayne 11:58, 4 maio 2008 (UTC)
  • Noutra páxina católica dos Estados Unidos, mantida polos franciscanos, fala do mesmo, está beatificado pero non canonizado.[2]--Arco de Rayne 12:02, 4 maio 2008 (UTC)
  • redirecciono aquí "San Telmo" por que é ben coñecido e adorado como tal, aínda que non fora canonizado (se ben na pt:Pedro González Telmo di que si...) --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:25, 16 xuño 2008 (UTC)
  • Creo que na pt.wiki confunden aprobación de culto con canonización, son dúas cousas diferentes.--Arco de Rayne 12:54, 16 xuño 2008 (UTC)

Data da morte[editar a fonte]

No artigo dise que morreu o 14 de abril de 1241, data que provén da Enciclopedia Católica. Pero nunha Guía do Camiño Portugués acabo de ler que na chamada Ponte de San Telmo, ó lado de Tui, hai unha placa que di que "aquí enfermou de morte San Telmo en abril de 1251". Resulta imposible que enfermara en 1251 e morrera en 1241, pero ¿cal das datas está equivocada? Pedro --Lameiro (conversa) 30 de agosto de 2014 ás 00:11 (UTC)[responder]