Conversa:Padres da Igrexa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Pais da Igrexa»)

Untitled[editar a fonte]

Propoño, a quen corresponda, o cambio do título deste artigo polo de Padres da Igrexa. En galego, e como sinal de respecto, úsase o cultismo padre. Por exemplo, non falamos do *Pai Sarmiento, senón do Padre Sarmiento, ou do *Santo Pai, senón do Santo Padre. E aínda os vellos dicimos: fágoo deste xeito porque así o facía meu padre. De momento, fixen unha redirección. --XoioÉche o que hai 13:27, 27 de agosto de 2011 (UTC)

  • En galego é pais, Xoio, malia que é certo que Padre é perfectamente válido e ten unha razón de ser como redirección, que se agradece. Non é, iso si, tal cultismo; o asunto vai máis polo do Deus e mais esa Igrexa institucional que non falan galego. Conclusión: redireccións, si; páxina principal con Santo Padre ou Padres da Igrexa, non. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:51, 27 de agosto de 2011 (UTC)
Non che reparara na categorización, Xoio. Polo que vexo no historial foi feita polo usuario Xosé en 2008, e ao meu xuízo está mal e debería ser Pais da Igrexa. Aí é onde eu tocaría. A ver se alguén máis achega a súa opinión. Saúdos (e nada que desculpar; tanto val a túa opinión coma a miña; fas ben en insistir, de feito). --Atobar (conversa comigo) 22:17, 16 de setembro de 2011 (UTC)
Opino igual ca Xoio. De feito, se sóame que falastes deste tema noutro lugar ;) Padre e madre conserváronse na norma para algo (non é castelanismo, procede directamente do latín, aínda que fose polo filtro da ecclesia), e este é ese caso por partida dobre. Se vos poñedes d'acordo, avisádeme e eu mesmo movo a páxina. Non vou buscar o que aparece no Xerais e Ir Indo vellos ou novos, só adianto que a definición provisional do futuro DRAG é explícita: "[...] Tratamento de respecto que se lles dá aos relixiosos ou sacerdotes. [...] Padre da Igrexa [sic]. Escritor eclesiástico dos primeiros séculos, cuxos escritos teñen autoridade en materia de fe. [...]". Sobreira (parlez) 21:26, 17 de setembro de 2011 (UTC)
  • Feito! Movido. Debo de ser eu quen anda enganado. --Atobar (conversa comigo) 10:30, 18 de setembro de 2011 (UTC)
    • Máis dotras fontes, por aquilo de diversificar:
  1. Ir Indo: lat patre port: padre cast: padre ingl: father, priest 1 s m Tratamento de respecto que se dá ao pai dun. --> 2 s m Tratamento de respecto dirixido a algúns relixiosos. --> 3 santo Padre RELIX papa. -->
  2. GDXerais: 1: Pai, como tratamento de maior respecto (fun con mi padre á festa).; 2: En relixión, tratamento de respecto que se lles dá ós frades ou sacerdotes (o padreAnselmo; padre Feixoo; padre Sarmiento).; 3: En teoloxía e escrito con maiúscula, a primeira persoa da Santísima Trindade; Pai (o Padre, o Fillo e o Espírito Santo).; 4: Doutor da Igrexa (os Santos Padres).; [...(fraseoloxía e locucións)] Sobreira (parlez) 21:35, 19 de setembro de 2011 (UTC)