Conversa:Péptido

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Engadín unha ilustración dun tetrapéptido e o capítulo de péptidos non ribosómicos, e unha nota sobre a distinción entre polipéptido e proteína, que é moi discutida hoxe en día.

Da primeira frase da introdución, que está a continuación, borrei a parte que eu poño aquí en negrita, porque non sei que quere dicir nin que ten que ver cos péptidos (está tamén na páxina española e non sei que entenderán eles por "enlace triple" e "conjugación de ADN"):

Os péptidos son un tipo de moléculas formadas pola unión de varios aminoácidos mediante ligazóns peptídicas, ou ligazón tripla cunha conxugación de ADN (ácido desoxirribonucleico).

Albert Lehninger e mais eu non estamos de acordo co debuxo que ilustra a reacción de Edman. Habería que cambiar o letreiro que di 2,4-dinitrofenil-péptido por péptido feniltiocabamilado. Iso non o podo facer eu agora mesmo. Na reacción de Sanger co reacctivo DNFB si está ben. Miguelferig 16:41, 20 de outubro de 2011 (UTC)

  • Para o debuxo que necesitas, se llelo pides a Beninho ou HombreDHojalata, malo será que non cho fagan. Diso controlan. --Atobar (conversa comigo) 21:39, 20 de outubro de 2011 (UTC)
Ocúpome maná. --. HombreDHojalata.conversa 21:42, 20 de outubro de 2011 (UTC)
Mira a ver se agora está ben. --. HombreDHojalata.conversa 20:04, 21 de outubro de 2011 (UTC)
Si, pero era feniltiocarbamilado, con R. Foi culpa miña, que o escribín mal na mensaxe anterior; non sei como fixen pero comínlle o R, que non era a miña intención ao escribilo. Síntoo. Aínda así está mellor ca antes, porque tamén puxen o nome do composto no texto do artigo, pero falta o r no debuxo. Grazas de todos modos.Miguelferig 15:59, 27 de outubro de 2011 (UTC)
Problema solucionado. Subín oura imaxe totalmente traducida (agora que sei facelo).--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2013 ás 00:59 (UTC)[responder]