Conversa:Organización Mundial do Retrete

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Pero bueno ¿isto é serio? ¿Cal pode se-lo interese enciclopédico dunha organización coma esta? Creo que non todo ten cabida e que habería que ter certo criterio. Pedro --Lameiro (conversa) 17:16, 18 marzo 2009 (UTC)

  • En moitos países é un problema moi serio non ter bos servizos hixiénicos e a organización colabora coas Nacións Unidas, non lle vexo problema ningún ao artigo.--RNC 17:24, 18 marzo 2009 (UTC)
  • Si que é certo que soa a carallada, pero non o é, Lameiro. Creeino porque tamén está como ligazón interna no artigo retrete e porque fíxate que hai unhas poucas outras linguas que lle dan cabida e moito máis. Bótalle un ollo á versión inglesa. Creo que ten todas as condicións para poder estar na Wikipedia. Aínda que ninguén che pode dicir que non soa a coña. Por certo, tamén hai museo do retrete e mais non sei que outras argalladas. Saúdos.--Atobar 17:26, 18 marzo 2009 (UTC)
    • Non dubido que exista tal organización: sei que as hai das cousas máis inverosímiles e peregrinas e a súa existencia non as converte, per se, en merecedoras de estar nunha enciclopedia. Non dubido que os servizos hixiénicos sexan un logro social (e non cuestiono o artigo retrete, se ben a súa extensión me parece excesiva e incoherente con outros temas a penas desenvolvidos na Galipedia), pero o seu desenvolvemento -o dos servizos hixiénicos-, calidade e seriedade non van depender dos 150 membros desta organización (eu pertenzo a un colectivo local con máis membros ca eses). Atobar remata coa mesma idea miña: "non sei que outras argalladas". Iso é o que me parece a min: argalladas, coñas e cachondeos. Non pido tanto o borrado deste artigo como pensar por un momento en que temas merece traballar e en que non. O noso esforzo, o noso tempo (o de Atobar, neste caso) tería moita máis rendabilidade noutros ámbitos do coñecemento. Pedro --Lameiro (conversa) 17:51, 18 marzo 2009 (UTC)
  • Non se refire a membros individuais, son 150 organizacións, que poden ser gobernos (hai 6 gobernos), ONG (125), axencias internacionais (3) ou organizacións nacionais e está recoñecida por varias axencias da ONU--RNC 17:59, 18 marzo 2009 (UTC). Xa como última información para reivindicar a súa seriedade o 7 Cumio da Organización celebrouse co apoio do goberno da India e o 8 co apoio da Comisión Económico e Social da ONU para Asia e o Pacífico, non é unha carallada, eu visitei a India e é un tema importante, aquí pisas as cagadas dos cans, alí as das persoas. crédeme é serio.--RNC 18:11, 18 marzo 2009 (UTC)