Conversa:Orgánulo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Fixen a páxina miofibrila e puxen un enlace secundario sobre o termo "miofibrilla" desta páxina para que se puxera en azul. Penso que o termo miofibrilla debería cambiarse a miofibrila. Non son un experto en terminoloxía pero iso é o que vén no dicionario Xerais gordo da última edición (consultado en 2011), e a terminación illa non é posible en galego como diminutivo (agás en préstamos lingüísticos como tortilla). Os brasileiros din miofibrina, e en galego tamén se ten usado miofibriña, pero os dicionarios din miofibrila. Ademais, engadín un capítulo e unha táboa sobre os orgánulos procarióticos, que completa esta páxina. Miguelferig 21:52, 10 de xuño de 2011 (UTC)