Conversa:O legendarium de Tolkien

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Notarase que na introdución do artigo se fala de Arda no canto da Terra Media. En termos xerais adóitase empregar o termo Terra Media para facer referencia ao universo mitolóxico de Tolkien, mais en sentido estrito, Arda é o mundo do universo de Tolkien (o que sería o planeta Terra máis os astros máis inmediatos); a Terra Media é un dos dous continentes, xunto con Aman. A escolla do termo Terra Media como categoría xeral para o universo de Tolkien está xustificada porque a efectos de procura na Galipedia, resulta moito máis conveniente: as persoas non expertas en Tolkien acharán moito máis doado orientarse co termo Terra Media que con Arda, co que están moito menos familiarizados.--Manudosde 22:02, 28 xaneiro 2008 (UTC)