Conversa:Nicolao Copérnico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

En galego sería Nicolao Copérnico, non si? --Atobar (conversa comigo) 01:30, 19 febreiro 2010 (UTC)

  • Non hai razón para adapta-lo seu nome ó galego, xa que non foi nin rei nin papa, nin o seu nome necesita ser transliterado. O artigo debe leva-lo nome real do persoeiro (igual que aquí usamos Jules e non Xulio Verne). --Alberte Si, dígame? 14:28, 19 febreiro 2010 (UTC)
  • Claro, o que pasa é que o nome real non é Nicolás. En todo caso Nicolaus Copernicus ou ben Mikołaj Kopernik. Eu optaría polo latín, pero desde logo non polo Nicolás actual. --Atobar (conversa comigo) 15:12, 19 febreiro 2010 (UTC)
  • Así a simple vista case diría que Nicolaus Copernicus era como asinaba e como se lle coñecía, pero habería que investigalo. --Alberte Si, dígame? 15:16, 19 febreiro 2010 (UTC)
    • Xacando, o uso da forma latina para os nomes era unha fórmula de uso cotián. A ver se alguén achega unha fonte. En calquera caso, polo de pronto, Nicolaus parece a mellor solución.
    • Pois tirando de Google Books sáenme tropemil textos sobre Nicolaus Copernicus. Iso a falta de mellor precedente en galego. Considérase referencia dabondo? --Xoacas(Góstache o pemento?) 15:56, 19 febreiro 2010 (UTC)
Xoacas, iso non é unha referencia. Cando falamos de referencias estas teñen que estar estreitamente ligadas ao caso galego. Dá igual se aparecen un, sete ou mil textos que o mencionen como Nicolaus, é dicir, o que a nós nos interesa é saber a forma que se emprega na escrita en galego. Ao meu ver parece lóxico pensar que a forma nosa debe ser a latina (xa que, como di Alberte, só hai costume de traducir nomes de monarcas e papas); non obstante, se alguén atopar unha referencia galega sobre algo traducido del ou similar, esa referencia debe primar. Non sei se me expliquei, se non dimo e elaboro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:09, 19 febreiro 2010 (UTC)
Explicácheste ben, e do que dis deduzo que o título que ten agora o artigo é o único que temos claro que non é o que tería que ser. Postos a escoller eu pronúnciome polo Nicolaus, á espera de que apareza referencia galega en condiciós. --Xoacas(Góstache o pemento?) 17:49, 19 febreiro 2010 (UTC)
A EGU emprega Nicolao Copérnico[1]--Cheluco 16:48, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Nicolao Copérnico. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 06:21 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Nicolao Copérnico. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de outubro de 2018 ás 11:07 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 23:35 (UTC)[responder]