Conversa:Números E

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Eliminei a seguinte frase pero, como sei que co tema dos aditivos hai sempre polémica, déixoa aquí, coa razón da supresión:

, nesta táboa están todos, salvo os canceríxenos, os bioperxudiciais, e os que supoñan un grave risco para a saúde.

Os aditivos con código E son ingredientes alimentarios autorizados (a determinadas doses máximas e en determinados produtos) e, polo tanto, non se lles pode acusar de canceríxenos nin prexudiciais. Se o fosen, non estarían autorizados nin contarían co código E. Outra cousa distinta é o uso inadecuado (nas doses ou nos produtos).

Os aditivos están continuamente sometidos a revisión (e por iso as listas positivas: só se poden utiliza-los especificamente autorizados nestas listas positivas). De cando en vez descúbrese nalgún deles efectos prexudiciais (ou ás doses autorizadas) e entón suprímense ou redúcese a dose. Igualmente, a lista de aditivos autorizados vese incrementada con novos produtos que superan as probas e demostran a súa utilidade e falta de perigo.

Á marxe de todo isto está a discusión sobre a necesidade ou conveniencia dos aditivos (a maioría deles absolutamente innecesarios), pero esa é outra historia, interesantísima, por certo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:52, 25 xaneiro 2008 (UTC)

  • Por mín correcto. Noutra orde de cousas, non debería moverse o artigo a "Lista de Números E"? --Banjo tell me 11:57, 26 xaneiro 2008 (UTC)
    • Xabier non fai máis que insistir en que os títulos deberían ser simples e directos (e nós empeñados en inventarnos títulos máis repenicados). Creo que o usuario buscará "Números E" ou "Número E", pero non "Lista de...". O teu comentario, Banjo, faime ver que neste artigo falta a introdución: ¿que son os nº E, quen os adxudica, como? Intentarei facer esa introdución. Pedro --Lameiro (conversa) 12:24, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Eliminar columna[editar a fonte]

Neste artigo, na sección Lista ordenada por función: colorantes, hai unha columna que recolle a "DDR (mg/kg m.c.) = dose diaria recomendable en miligramos por kilogramo de masa corporal". Esta columna débese eliminar xa que nos aditivos non existe ningunha "dose diaria recomendable", nin nada parecido. Para os aditivos establécese un "Nivel máximo" (e en moitos casos, nin iso) que se pode engadir ó alimento, pero estas cantidades máximas permitidas non teñen nada que ver con "doses diarias recomendables". Tampouco se pode substituír nesa columna esas cifras que deu o editor do artigo por estes "niveis máximos", porque dependen do alimento de que se trate. É dicir, hai aditivos que se poden engadir nun alimento a unha dose e noutro alimento a outra dose. Así, o colorante amarelo-laranxa E160b pode engadirse a niveis máximos que oscilan entre os 10 mg/kg en produtos de pastelería, na margarina, froitos secos salgados, etc. e os 50 mg/kg en certos queixos. O aditivo E330 (o ácido cítrico das nosas excelentes laranxas) pode engadirse sen límite (tecnicamente, Quantum satis, cantidade necesaria para cumpri-la súa función) nunha chea de alimentos pero está limitado a 3 g/l máximo nalgúns zumes.

Se esta columna pode eliminarse dunha forma automática, mellor. Se non se pode, xa o irei borrando ós poucos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 8 abril 2008 (UTC)