Conversa:Monte Pindo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome do artigo[editar a fonte]

Poderíase saber quen mudou o artigo "Monte Pindo" a "Monte do Pindo"? --83.165.172.11 11:17, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Pódese saber, doadamente, consultando o historial de edicións do artigo.
Fun eu. Baseándome nas tres referencias bibliográficas mencionadas no propio artigo. Monte Pindo quedou como redirección cara a Monte do Pindo. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 19:18, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Non é correcto. Monte do Pindo é unha variante, a primeira vez que se recolliu o nome Pindo neste macizo data do Padre Sarmiento no século XVIII, e escribía "Monte Pindo". A nivel legal ese é o seu nome (LIC Carnota-Monte Pindo). Este artigo afonda no tema: http://www.montepindo.org/2012/10/os-nomes-do-monte-sacro-dos-nosos.html. Grazas! --83.165.172.11 08:57, 9 de novembro de 2012 (UTC)

Monte Pindo penso que tamén é o nome máis coñecido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:48, 9 de novembro de 2012 (UTC)
Investigando en Google Books: "Monte do Pindo" 28 resultados [1], "Monte Pindo" 2470 [2], "Monte del Pindo" 80 [3].
Voulle dar a volta, xa que logo, á redirección.
A casualidade fixo que tódalas referencias que consultara anteriormente deran "Monte do Pindo". Desculpas. --. HombreDHojalata.conversa 13:08, 9 de novembro de 2012 (UTC)

Etimoloxía[editar a fonte]

Malia a insistencia en defender a orixe gaélica do topónimo "Monte Pindo" (que suprimín ata tres veces mais volve aparecer), por pura semellanza fonética cunha forma nesa lingua, isto é unha pura conxetura polo que non procede a súa inclusión e moito menos coma verdade irrefutábel. Se alguén se empeña en tentar impoñer esa hipótese sen máis proba que a obcecación en modificar a Wikipedia aqui estarei para revertilo cantas veces sexa necesario. --178.60.39.197 23 de novembro de 2015 ás 12:45 (UTC)[responder]

Revertín a edición de Usuario:Breogan2008. A razón da reversión é, como di o anterior usuario anónimo, simple, e ao mesmo tempocomplexa. Voume explicar:

  • Non hai ningunha fonte seria sobre a etimoloxía do monte Pindo que trace esa orixe en ningunha lingua celta.
  • As referencias achegadas deses licenciados en historia e clásicas, ademais do profesor estadounidense, non constitúen ningunha fonte de referencia en etimoloxía. Son un grupo de persoas que, respectablemente, levan meses difundindo teorías paracientíficas sobre a orixe de topónimos co propósito de facer ver que o galego provén das linguas celtas.
  • Son proselitistas: é dicir, teñen unha axenda, unha vontade de modificar a realidade a partir do que se recolle na wikipedia. O seu nivel de cientificidade está ao dos milagres dun santo. Podemos un momento dado dicir no artigo sobre o santo que se lle atribuíu o poder de curar a lepra; pero non podemos dicir no artigo sobre a lepra que é curada polos santos.

Dado que este artigo xa foi revertido varias veces por esta razón, se volve haber un cambio terei que protexelo. Agardo que todos actuemos con civismo. Grazas --Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de decembro de 2015 ás 19:11 (UTC)[responder]

Moitas grazas polo cambio e pola explicación Xabier. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2015 ás 23:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Monte Pindo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de setembro de 2019 ás 10:21 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 19:20 (UTC)[responder]

Altura do monte[editar a fonte]

Nótese que mentres que aquí dicimos que a altura do Monte Pindo é de 627 m, no artigo sobre O Pindo, Carnota, afírmase que a altura é de 635 m. Dá o mesmo que teña unha ou outra altura, pero unha mínima coherencia obriga a que teña a mesma nos dous artigos. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de marzo de 2022 ás 20:12 (UTC)[responder]