Conversa:Menhir

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • No artigo Megalitismo en Galicia hai información sobre menhires galegos, que pode servir para facer máis galego este artigo. Mais non sei como facelo, non se trata de copialo. Se alguén ten idea, adiante. --Xoán Carlos Fraga 21:59, 20 febreiro 2010 (UTC)
    • Engado referencias por se poden ser de utilidade: A referencia ao menhir de Cristal pode atoparse aquí. Ao de Pedra Chantada (O Carrizo, Santaballa, Vilalba) aquí. Sobre o de Entrambasaugas, Guntín pode verse esta fotografía.

Non me parece oportuno incluír neste artigo as fotografías dos menhires da Coruña. Nada do texto permite relacionar os menhires prehistóricos cos da Coruña. Moi bonitos e impresionantes, pero sonche outra historia. Pedro --Lameiro (conversa) 5 de febreiro de 2014 ás 22:29 (UTC)[responder]

Incluílos aquí pode levar a confusións e erros, son recreacións de menhires pero non menhires desde o momento que estes teñen que ser monumentos prehistóricos.--Sernostri (conversa) 5 de febreiro de 2014 ás 22:44 (UTC)[responder]
Fixen unha redución e redistribución das imaxes, incluíndo aclaracións e ligazóns internas nos pés de foto. Deixei de principal a da Lapa de Gargantáns, que aparece en tódolos libros que falan do tema en Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 10 de febreiro de 2014 ás 22:46 (UTC)[responder]