Conversa:Megalitismo en Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé: o piñeiro é de folla perenne, non caduca ("territorio dominado polo bosque caducifolio (carballo, piñeiro e bidueira)"). Pedro --Lameiro (conversa) 23:14, 16 outubro 2007 (UTC)

¿Cantos menhires temos en Galicia?[editar a fonte]

Segundo se di neste artigo, temos 6 menhires en Galicia: a Lapa de Gargantáns ("O máis coñecido"), o menhir de Cristal (Ribeira), o de Pedra Chantada (Vilalba), o da Pedra Alta de Cortegada e outros dous en Guntín. Eu só teño noticias do primeiro. Na Gran Enciclopedia Galega di que este é "o único monumento deste tipo coñecido en Galicia". Nun especial da Voz de Galicia sobre Moraña (2002) di que é "el primer y, hasta el momento, único menhir encontrado en Galicia". Outras fontes só definen o que é un menhir, pero máis nada. Nas consultas que fixen sobre os outros cinco lugares non vexo ningunha mención á presenza de menhires. ¿Alguén ten forma de comprobar este dato e se os tales menhires existen ou non?

Hai outros erros que comprobar, pero aínda estou niso, como que o único "Pedra Chantada" que atopo está en Frollais, Samos, non en Vilalba. Pedro --Lameiro (conversa) 20:21, 6 xuño 2008 (UTC)