Conversa:Martín Codax

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denominación[editar a fonte]

  • A denominación de este artigo é incorrecta. Tavani indica que o apelido é Codax (palabra aguda, non grave).--Lmbuga 21:26, 18 setembro 2005 (UTC)
  • Estou de acordo, aínda que non sei a orixe do apelido.--Rocastelo 21:31, 18 setembro 2005 (UTC)
  • Son da mesma opinión. Non o mencionei anteriormente porque "tradicionalmente" se di "Códax", mais esta debe ser unha redirección a Codax. Xosé (✉) 21:42, 18 setembro 2005 (UTC)
  • Respaldo o voso criterio. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:50, 18 setembro 2005 (UTC)
  • Referencia na web: [Instituto Cervantes]. A maioria das outras entradas en Google apuntan para o viño!! Xosé (✉) 21:55, 18 setembro 2005 (UTC)

xograr/xogral; Codax/Códax[editar a fonte]

Non parece coherente que nesta páxina de homónimos se escriba "xogral" e logo, na propia entrada, "xograr" (forma aceptada no VOLG).

Tampouco parece coherente que logo, se se admite como correcta a forma "Codax" (fáiseme imposible pronuncialo como palabra aguda), se utilicen no texto indistintamente as formas "Códax" e "Codax". Aínda máis: buscando na galipedia atopo 13 "Códax" e 18 "Codax", que habería que unificar.

Pedro --Pedro 20:45, 4 abril 2007 (UTC)

  • A verdade é que Codax vese das dúas maneiras, a min tamén me sae grave espontaneamente, mais se G. Tavani di que é aguda, débese ter en conta. O que ocorre é que por exemplo o grupo de música antiga úsao con acento gráfico, e haberá que respetarlles tamén o nome do grupo. O que se pode unificar Codax é no artigo do xogral. Un cordial saúdo --Xoán Carlos Fraga 20:57, 4 abril 2007 (UTC)
Na miña opinión neste caso o artigo debería recuperar a localización orixinal e os homónimos pasar á páxina Martín Codax (homónimos). En canto a xograr/xogral todos os dicionarios que consultei recollen xograr como forma correcta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:59, 5 abril 2007 (UTC)
  • Paréceme ben a túa proposta, Prevert, e tes razón co de xograr. Nos textos medievais aparecían ambas as formas, e como coñezo na miña zona o microtopónimo O Xogral, deino por forma válida, mais o VOLGa non o recolle. O portugués emprega jogral tamén. Persoalmente non estou de acordo en non aceptar o xogral, pero o que hai hoxe évos iso. Un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 11:24, 5 abril 2007 (UTC)
Nótese que a propia RAG emprega as formas sen acento e con acento na mesma páxina [1]. E noutra bibliografía tamén se dan as dúas formas, prevalecendo con acento. Adrián: mándaslle outro correo[2], a ver se aclaran? --. HombreDHojalata.conversa 5 de decembro de 2018 ás 08:20 (UTC)[responder]
@HombreDHojalata: no vídeo que se liga desde a páxina da RAG, o Ramón Lorenzo pronuncia Martín Códax. Non obstante, hei preguntar para desfacer o entuerto. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de decembro de 2018 ás 09:00 (UTC)[responder]

Template:MED[editar a fonte]

O artigo está cheo de "Template:MED" que non sei qué significan. Pedro --Lameiro (conversa) 19:40, 15 outubro 2007 (UTC)

  • A información discográfica saqueina da wiki en español e alí está a unha columna e non a dúas e, ao meu entender, queda mellor a unha (pódese ver a wiki en español), mais dese tema non teño coñecementos. Igual ten que ver cos templates med que di Pedro Lameiro. --Xoán Carlos Fraga 11:34, 8 marzo 2009 (UTC)

Categoría:Nado en Vigo[editar a fonte]

Segundo di o artigo é probable que nacese en Vigo, mais non é seguro. Porén, aparece como vigués en Vigueses de sona. Pregunta: acáelle a categorización de nado en Vigo ou non?. Eu opino que si se podería categorizar como tal en aras dunha mellor organización, deixando ben clariño no corpo do artigo que o seu lugar de nacemento non é seguro de todo. Que opinades vós?--Paradanta (Cóntame) 10:39, 1 de setembro de 2010 (UTC)

  • Concordo. As listaxes de vigueses, lugueses, cambadese de sona... son a extinguir (cando teñamos listas as categorías todas de nados en) --Atobar (conversa comigo) 10:43, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Martín Codax. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 21:06 (UTC)[responder]

¿Nacionalidade?[editar a fonte]

Tengo muchas dudas de que hablar de nacionalidad en el período bajomedieval en el que vivió Codax sea correcto. Sea como fuere, a mediados de siglo XIII, Codax era súbdito de la Corona de Castilla, dado que el antiguo Reino de Galicia llevaba siglos integrado en la Corona de León y esta, tras las Concordia de Benavente en 1230, durante el reinado de Fernando III, en la de Castilla. 2.154.170.183 9 de outubro de 2022 ás 14:15 (UTC)[responder]