Conversa:Mariano José de Larra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola estiven botando unha ollada e pensei que podería engadir:

Na biografía:

De regreso a España puido comprobar as grandes diferenzas que existían entre a moderna sociedade francesa e a atrasada sociedade española, sometida ao réxime absolutista de Fernando VII. De ahí arrancará a súa firme defensa da europeización de España.

Aos 19 anos fundou El duende satírico del día, que durou pouco tempo. En 1832 comezou a publicar unha revista satírica, El pobrecito hablador. En 1833, xa baixo o réxime liberal puido expresarse con maior liberdade co pseudónimo de Fígaro.

A pesar do seu éxito, Larra encontrábase máis decepcionado da política na que había intentado intervir como diputado. A esta decepción hai que engadir os seus fracasos amorosos. Casou moi xovén, o seu matrimonio non foi ben e a súa esposa abandonouno. As súas relacións cunha muller casada, Dolores Armijo, foron moi inestables ata que en febreiro de 1837 produciuse a ruptura definitiva. Sumido nunha forte depresión, o escritor, suicidouse disparándose un pistoletazo.

Juanca93 21:49, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

Pois adiante, Juanca! O único que tes facer é mencionar cales son as túas fontes: outra wikipedia (caso do cal debes explicalo na caixa de resumo) ou unha web ou un libro (podes engadilo a ligazóns externas ou a bibliografía, respectivamente). Só dúas cuestións, ambas de lingua: non é había intentado, é intentara (en galego non hai tempos compostos); e non é xovén, é novo. E, polo que leo, a historia de Dolores Armijo e o suicidio de Larra xa figuran no texto, no último parágrafo da biografía. Así que engade sen medo! Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 22:35, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)