Conversa:Mañón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei despois de mirar nas páxinas de apelidos do ILGA e do INE vexo que non aparecen a forma Maañón nin Mañón como apelidos (ou que hai menos de cinco referencias) si na web hai unha páxina de avogados de Vigo co apelido Maañón, quizais é un apelido a piques de desaparecer. No texto aparece a frase ¨"se ben o uso rexistrado de "Maañón", que se confirma coa existencia dos apelidos "Maañón" e "Maanhao" parece contradicir tal hipótese" non entendo por que contradi esa hipótese e ademais non aclara onde aparece rexistrado. Maanhao non pode aparecer rexistrado en Galicia xa que o nh nunca se utilizou na documentación dos concellos, mosteiros, cabidos, notarios...galegos, só aparece nas cantigas, quizais se refira a que aparece en Portugal pero no texto non queda claro, en definitiva que non me acaba de cadrar, se algún colaborador ten datos máis precisos podería mellorar o artigo.--André 23:02, 7 agosto 2007 (UTC)

  • Ola! Chego con tres anos de atraso a esa discusión ;-) "Maañón" si aparece recollido como apelido na Cartografía dos Apelidos de Galicia do ILG. Para iso hai que usar o pesquisador da páxina [1] e procurar por "Maañon" (o sistema non soporta os acentos), devolvendo a día de hoxe 43 resultados. En canta a "Mañon", só saen 6. Eu intúo (pero non teño probas) que a forma orixinal é con "aa", e que ocasionalmente se puido reducir a unha única vogal. Temos moitos máis exemplos como Saa/Sá, Feixoo/Feixó, Baamonde/Bamonde, Saamil/Samil, etc.--Rosamf 10:30, 1 de setembro de 2010 (UTC)
  • (copio o que xa dixera e foi censurado) Ola, tes parte de razón: baseeime por unha banda nun traballo de campo, en que teño ouvido centos de veces a pronuncia "maañón" e ademais en datos de internet, de apelidos galegos e tamén percurando a palabra equivalente en grafia porgutuesa, por iso o do "nh". A min pareceme evidente, pero talvez haxa que clarificalo para que ninguen teña dubidas existenciais. (Engado: ainda que isto que escribin contradiga a opinion do que dixo o de "Mandianus", coido que a miña postura é razonable e, para nada, vandalismo).--87.217.144.244 21:28, 9 agosto 2007 (UTC)
  • Ata onde chega a miña información polo de momento, tampouco podo asegurar que mañón sexa un apelido. Ollo!! non o descarto, pero de entrada está reconecido coma concello dende fai tempo e coma parroquia. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:45, 7 agosto 2007 (UTC)

Insisto, Xelo, o comentario que fas non ten sentido, son cousas obvias. Non te estou criticando senon simplemente critico o que escribiches aquí. Podes bloquear a miña IP, pero non podes ocultar a verdade. Pareceme moi pouco ético que sexas ti mismo o que bloquees aos que te critiquen. Tamen nisto estou a criticar unha actitude, non a unha persoa, asi que non é etico que me bloquees ou que silencies o que poño. --87.217.144.244 21:07, 9 agosto 2007 (UTC)

  • Moi ben, pois non vexo eu en qué é mais valiosa a referencia que se mantén de Mandianus! De todos os xeitos, o problema non é ese, senon a vosa defensa entre "burócratas". Paréceme un problema endémico: a miña opinion é que Galipedia está acaparada por catro burocratas. Así vos vai: a Galipedia é das que menos medran relativamente. Cando un proxecto está liderado por xente mediocre somente atrae a mediocres. Parodiando ao meu "hilustrado" amigo Xelo: "ilo é expantoso".

referencias maañonistas .- pechando o circulo[editar a fonte]

Pódense citar referencias ao uso do nome Maañón como Mañón, incluo alguns exemplos (poño maiormente as web):


Engado algúns libros:

  • Otero Pedrayo, Historia de Galicia, Akal, 1980: Páxina 151: "..país das Grañas de Sor, Cabanas e Maañón, traballa seu val o Sor que.."
  • José Pérez Ballesteros , Cancionero popular gallego, 1942: Páxina 157: "..aventaja al de estos distritos el ferrado de Muros ya éste el de Cedeira, con sus semejantes los de Cerdido, Corcubión, Ferrol y Maañón..."
  • Revista de Geografía Colonial y Mercantil, autor : "Real Sociedad Geográfica", 1909. Páxina 78: " Sor que fue el primitivo de Tiro, Sión que tiene correspondencia en la onomástica Fenicia, la feligresía de Jove y la parroquia de Maañón"

Saúdos e grazas a todos.---- Maañón00 (o que ho?) 22:13, 26 novembro 2007 (UTC)

Quiteille ao artigo a seguinte frase: "Sen clarificar; segundo Xosé L. G. Paz, pode provir do nome persoal Mandioni (xenitivo de Mandionus, hipocorístico de Mandius)." Non se aclara a importancia de Xosé L. G. Paz como autoridade lingüísitica nin se menciona en que obra fai tal afirmación.--RNC 22:13, 11 abril 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Mañón. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 22:12 (UTC)[responder]