Conversa:Luís Daviña Facal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A Ip creadora do artigo pertence ao persoeiro do que se fala. Non obstante, houbo un lavado de cara posterior por parte dos usuarios Estevoaei e Xoacas. Coas normas na man, cómpre o borrado. --Atobar (conversa comigo) 13:35, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Tendo en conta o lavado ulterior do que falas ben pode permanecer. Quizáis se poida facer unha excepción mediante unha votación, non o sei, pero o artigo dá unha perfecta imaxe de neutralidade tal e como está.--Paradanta (Cóntame) 14:16, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Luís Daviña merece sobradamente un artigo na Galipedia. Salvo a mención de que estea "moi interesado" (que, sendo certo, non deixa de ser unha opinión) o resto do artigo é neutral e nada laudatorio. Pero creo que non se deben facer excepcións nunha norma tan básica coma esta xa que o precedente sería moi perigoso. Outro problema serio a ter en conta é a falta de referencias publicadas que confirmen a información contida no artigo (da que, en calquera caso, non teño dúbidas). En calquera caso, de borrarse o artigo, crearíao eu coa información que poida atopar publicada e referenciada. Pedro --Lameiro (conversa) 14:42, 12 de outubro de 2010 (UTC)
As normas din o que din, pero o artigo está para quedar. A alternativa de Lameiro paréceme boa, se el se presta a volver a crear o artigo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:44, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Eu estou tamén con Lameiro, porque efectivamente o persoeiro ten entidade abonda para estar na Galipedia, iso creo que non admite moita dúbida, pero cómpre respectar a norma malia o lavado de cara. Cando me digades (isto vai por Lameiro, que é o que vai crear o artigo de novo), borro o artigo para que volva ser creado. --Atobar (conversa comigo) 14:49, 12 de outubro de 2010 (UTC)
    • Eu de acordo, cun certo medo de meterme en camisa de once varas, pero será esta noite. Como di Xoio, o sol desta tarde pide apaga-lo ordenador. Pedro --Lameiro (conversa) 14:54, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Moitas grazas a todos polo voso interese pola miña modesta persoa. E un pedimento: non fun quen de borrar o meu controvertido artigo. Poderiádelo facer algún de vos por min? Grazas antecipadas.--Xoio 14:13, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Xa puiden borrar o atigo. Qudou só o título, que non sei como se pode sacar.--Xoio 17:20, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Ollo, o artigo será eliminado segundo as políticas e a decisión da comunidade, pero hai que deixar dúas cousas clariñás:
  1. O que achega un contido á Wikipedia non é quen de eliminalo, inda que fora obra súa.
  2. Un artigo non se pode eliminar porque o pida o autor ("(Rexistro de borrados); 15:27 . . Albert galiza (Conversa | contribucións) borrou "Luís Daviña Facal" (Solicitado polo autor"). Eliminarase por outros motivos.

--. HombreDHojalata.conversa 16:05, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Seino, seino. O caso é que o autor solicitou o seu borrado cando o artigo fíxoo el e trata sobre si mesmo. Como se deu conta do erro de facer un artigo sobre si mesmo, dinlle á opción de "solicitado polo autor" ó elimina-lo artigo. Quizais debín poñer un mensaxe propio explicitando máis o tema real do borrado que é o de fonte primaria e punto de vista neutral. --Alberte Si, dígame? 17:50, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Discordo de que a páxina de conversa deba ser borrada. Se o artigo vai ser creado de novo esta páxina de conversa debe quedar para futuras referencias--. HombreDHojalata.conversa 18:34, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Eu tamén o deixaría. Non deixa mal a ninguén e vale para vindeiros casos similares. Por dúas razóns: 1) máis unha vez queda claro que un non pode crear o seu propio artigo, 2) Os artigos que non sexan páxinas persoais non se borran a petición dun editor senón por outra motivos. --Atobar (conversa comigo) 18:38, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Semella hoxe un día de moita discusión. Só dúas cousas: 1. As páxinas de conversa son páxinas de conversa dun artigo determinado (hai outras para usuarios, taberna, etc, pero non veñen ó caso). Se se borra o artigo, a páxina de conversa deixa de ter razón de ser. Por definición, e segundo [:Wikipedia:Páxina de conversa], "As páxinas de conversa asociadas a cada artigo, cuxo propósito é o de proporcionar un espazo para os editores discutiren as mudanzas dentro da propia páxina en cuestión ou o proxecto asociado". 2. Dis que "para futuras referencias", ¿referencias de que? Por iso marqueino para borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 18:47, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Non é alleo á práctica habitual da Galipedia conservar certas páxinas de conversas de artigos desaparecidos, cando o mantelas pode ser enriquecedor dalgún xeito. Neste caso eu opino que non é mala idea que permaneza como exemplo de como se presenta e se resolve unha situación contraria ao sacrosanto punto de vista neutral. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:20, 12 de outubro de 2010 (UTC)

  1. Borrar Ímolo borrar e comezar de novo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:44, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  2. Borrar. Creei unha páxina coa conversa, Usuario:Atobar/Conversa de borrado, na que se obvia o nome do persoeiro per se mantén aquilo que pode axudar a resolver conflitos similares. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Atobar (conversacontribucións) 01:59, 13 de outubro de 2010