Conversa:Lorena (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Lorena»)

Movemento[editar a fonte]

Usuario:Vivaelcelta: Movo a (homónimos). Os motivos son os seguintes: no título da páxina úsase o nome máis común, e 1) o significado máis común de "Lorena" é a rexión francesa, xa que non haberá apenas ligazóns ao antropónimo, 2) o concello brasileiro evidentemente ten menos peso e 3) o ducado e a casa de Lorena refírense á rexión.

1) Outros exemplos semellantes: temos África ligando ao continente por mais que haxa persoas que o levan de nome, e así tamén temos Marta referido ao carnivoro. E, evidentemente, cando se creen América (nome), Alegría (nome) e Liberdade (nome) non haberá que converter América, Alegría e Liberdade en páxinas de homóninos, senón que simplemente haberá que crear América (homónimos), Alegría (homónimos) e Liberdade (homónimos).

2) Galicia refírese ao noso país, por máis que exista tamén unha rexión centroeuropea homónima, unha revista homónima, etc., e non por iso levamos Galicia a Galicia (comunidade autónoma) ou a Galicia, España.

3) Idem. Temos Reino de Galicia e República de Galicia.

Saúdos! --Norrin (Fálame) 20 de outubro de 2014 ás 06:25 (UTC)[responder]