Conversa:Lista de razas de ovellas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Por coherencia cos artigos sobre as vacas, cans, galiñas ou porcos, por poñer varios exemplos, esta "lista de razas de ovellas" debería inserirse dentro do artigo ovella, cousa que, ademais, ten toda a lóxica de seu. Pedro --Lameiro 20:39, 8 xullo 2007 (UTC)

Certamente, habería que sermos coherentes, pero máis ben sacando as listas dos artigos anteriores de porcos, vacas e cabalos. As listas de razas, como podes ver nas versións inglesa, francesa, portuguesa ou neerlandesa, son moi longas, incluso excesivas para un só artigo, e nalgúns casos, como na francesa, dividen entre razas de fóra e razas francesas. Ese non é o caso, pero non creo que debamos encher o artigo ovella, que loxicamente habería que ampliar, ou o artigo vaca, coa lista das razas, pois son arriba de duascentas de cada. --Xabier Cid 22:44, 8 xullo 2007 (UTC)