Conversa:Lista de queixos do mundo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Estou mudando os nomes dos queixos conforme o sinalado na Taberna, é dicir, deixándolle a especificación (queixo) no título unicamente cando se produce unha homonimia. O principio é empregar as parénteses só cando sexa necesario. Ao mesmo tempo, estou suprimindo algúns destes queixos porque non son tal, como a entrada Cuajada (queixo), que en realidade é leite callado. Tamén hai nesta lista moitos nomes de marcas comerciais, que non sei se procede mantelas ou non. En todo caso non fan mal, e tampouco en todo o planeta teñen o sistema de denominacións de orixe claro como temos nós. Por iso optei por deixalas, incluso cando moitas delas non teñen nin sequera entrada na wikipedia inglesa (e sendo marcas británicas, p.ex.). Aínda me queda bastante artigo por revisar, pero vou pouco e pouco.--Xabier Cid 22:04, 28 marzo 2007 (UTC)

  • Só comento para agradecerche todo o traballo que estás a facer neste artigo - e animarche no que ainda falta!! --Xosé (✉) 22:18, 28 marzo 2007 (UTC)