Conversa:Lista de presidentes de España

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Paréceme un erro moi grave meter no mesmo saco presidentes de goberno elixidos nas urnas e presidentes elixidos a dedo por un ditador ou monarca absolutista, pensaba que este era un erro gravisimo arrastrado dende a wiki española , co fin de darlle 'lexitimidade histórica' á figura do Presidente do Goberno de España, pero na wiki española citase ós presidentes da segunda república, como foron escollidos, ou se estaban no exilio. Se polo menos nesta lista se deixase clara que na segunda república había parlamento e eleccións, aínda tiña un arranxo .... --Xabier Cancela (fálame 19:21, 22 de maio de 2010 (UTC)

Foron presidentes, unha enciclopedia non marca uns por que nos gustan (os elixidos nas urnas) nin outros por que nos disgustan (os elixidos a dedo), e si hai que metelos no mesmo saco por razón do seu cargo, xa que o artigo non é a lista de presidentes democráticos de España.--Kamakic 19:33, 22 de maio de 2010 (UTC)
Unha cousa, no artigo dise Nesta lista móstranse os presidentes máis importantes, coido eu que haberían de estar todos os que foron.
  • Ese non é o problema, por que si se aporta información no caso da monarquía constitucional, de como foron elixidos eses presidentes, con que partidos, incluso cun gráfico, e no caso da república non? calquera que chegue a 'bote pronto' coma min, dálle a sensación que se trata á segunda República coma se fose outro período absolutista máis; creo que ese é un erro gordo dentro deste artigo. --Xabier Cancela (fálame 19:54, 22 de maio de 2010 (UTC)
É fácil de resolver, non tes máis que igualar o período da república do da monarquía consititucional poñendo entre parénteses os datos que consideres que deba estar, este artigo está incompleto e sempre é de agradecer xente disposta a completalo, anímaste logo.--Kamakic 20:05, 22 de maio de 2010 (UTC)

Interesante argumento, un fai unha crítica construtiva, e entre liñas dinlle: arranxo ti !!! home, se tivese todo o tempo do mundo e coñecementos, facíao, pero xa me chega moito fedellar na categoría de astronomía e non sigo por que me vou quentar ... --Xabier Cancela (fálame 22:22, 22 de maio de 2010 (UTC)