Conversa:Lista de monarcas de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Dúbidas: a introdución non coincide cos datos do artigo reino de Galicia. Despois creo que eses xefes territorias non deben aparecer na lista, xa que non foron reis de Galicia.

Non aparecen reis coma Bermudo II, Froila II... vamos, que non coinciden as sucesións que se dan nas caixas dos artigos dos reis coa lista de aqui. A ver se alguén que saiba pode arranxar o tema. AlberteSi, digame? 16:49, 22 maio 2008 (UTC)

Alcance do artigo[editar a fonte]

Existen dúas liña a respecto deste tema, a tradicional, reflectida no texto do artigo, é que o reino de Galiza nace coa división de Afonso. Dentro da Galiza apareceu nos últimos anos outra que pretende estabelecer unha continuidade co reino suevo. o tema non está claro e eu non son un experto, pero en calquera caso os artigos relativos a este tema precisan unha organización e homoxeneización, o que di Alberte é claro: non se pode dicir nun sitio que alguén foi rei e noutro non. Eu propoño ques e abra aquí un debate e coas conclusións e corrixan os artigos dos reis. o tema é difícil, porque os escritos sobre este tema son moi parciais, o escritor x di que A foi rei de Tal porque asi o pon nunha crónica escrita en fez no ano XYZ en bereber da que non da copia; contra a opinión tradicional estabelecida en centos de libros. Asi que haberá que intentar esmerarse coas fontes. O que si está claro na historiografía moderna é que Paio non foi un rei e moito menos o seu dominio incluíu a Galiza. --emilio juanatey(talk) 22:43, 22 maio 2008 (UTC)----

Soria perteneció a Galicia[editar a fonte]

Lo que aprende uno en la wikipedia de galego, hasta hoy nunca supe que Soria había pertenecido a Galicia, es una lástima que estos mapas tan "rigurosos" sólo los dejen publicar en la wikipedia gallega—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.46.242.115 (conversacontribucións) 18 de setembro de 2016 ás 01:09

Mover a Galiza[editar a fonte]

Penso que este artigo debería moverse a Lista de monarcas de Galiza porque ese foi o título orixinal do primeiro autor. En 2007 foi movido por outro usuario indicando no resumo "por convención no uso en títulos de artigos e categorias na galipedia". Non sei a que convención de uso de títulos se refire pero actualmente segundo o Wikipedia:Libro de estilo debe manterse a escolla do primeiro editor. Que vos parece Atobar e Dodro? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 09:21 (UTC)[responder]

A min quéreme soar que nalgún momento lin que nos títulos das entradas, para manter unha certa concordancia, se optaba por Galicia e logo, no corpo do texto, é onde se respecta a escolla do primeiro editor. Pero non me vén ao acordo se isto era unha política, opinión nunha páxina de conversa ou que era. A ver logo se HombreDHojalata ou Banjo, que coñecen as normas casemente de cor, se lembran do tema. --Atobar (conversa comigo) 29 de xaneiro de 2019 ás 09:33 (UTC)[responder]
Pois desculpade, foi un descoido pola miña parte non consultar a elección do primeiro editor, que obviamente debe ser respectada. Canto ó título, non sei se hai algunha convención ó respecto como menciona Alejandro, non teño ningunha preferencia. Saúdos Elisardo. --Dodro (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 10:37 (UTC)[responder]
Minto, quedaría máis harmonioso se coincidira o título coa escolla feita no corpo do artigo. --Dodro (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 11:04 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Hai unha conversa antecedente, por exemplo, en Conversa:Reino de Galicia#Galicia vs. Galiza. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xaneiro de 2019 ás 11:57 (UTC)[responder]

O título no caso dos artigos "X de Galicia" determínase segundo o acordado en Wikipedia:Toponimia:
  • Galicia - Galiza
  1. Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
  2. No caso do artigo sobre Galicia o título será "Galicia", e Galiza será unha redirección a esta páxina.
  3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
  4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
A escolla do primeiro editor indicada no WP:LE aplícase ó texto do artigo, non ó título. Banjo tell me 29 de xaneiro de 2019 ás 12:03 (UTC)[responder]
Vale, entón segundo a política de Toponimia debe quedar Galicia, fixeches ben Dodro :) E moitas grazas Banjo por indicar a política. O que estou vendo é que o punto 4 non me convence moito. Como vai a usarse no mesmo artigo Galicia e Galiza (quitando de citas en galego, claro)? O artigo debe usar unha única forma en todo o texto, se o primeiro editor usou as dúas formas na súa redacción, entón penso que o que habería que facer sería falar con el para que a unifique e se non está activo, que sexa escollida unha das formas polo editor que detecte o problema. Non vos parece que habería que modificar ese apartado, Atobar, HombreDHojalata e Banjo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 13:31 (UTC)[responder]
Si, na miña opinión os puntos 3 e 4 dese apartado de WP:T sobran xa que contradin en certa forma o acordado en WP:LE. (Off topic: Que conste, aínda que isto xa é outra historia, que son partidario de ignorar a norma da escolla do primeiro editor para as formas utilizadas no corpo dos artigos en casos concretos, sempre que neses casos exista un consenso para adoptar unha forma ou outra. Pero iso xa para outro día.) Banjo tell me 29 de xaneiro de 2019 ás 14:28 (UTC)[responder]

Galiza na primeira edición[editar a fonte]

Elisardojm, vexo que lle puxeches o marcador de que a páxina empregou na súa primeira edición a forma Galicia. Porén, se non me engano, non é esta a primeira edición na cal só se usa Galiza: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lista_de_monarcas_de_Galicia&oldid=342347? One2 (conversa) 22 de outubro de 2019 ás 18:54 (UTC)[responder]

One2, puxen iso en base a esta modificación, e penso que xa que o título pon Galicia, o contido debe poñelo tamén para manter a concordancia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2019 ás 21:32 (UTC)[responder]
Elisardojm, mais esa modificación faise porque é a norma da Galipedia que os títulos usen todos Galicia. Igualmente tamén é norma seguir nos artigos o criterio do primeiro editor. Segundo o que dis, un artigo con Galicia no título, non podería empregar Galiza no texto, mais até agora está claro que non se fixo así, só véxase reino de Galicia ou García II de Galicia, ambos destacados. One2 (conversa) 22 de outubro de 2019 ás 22:07 (UTC)[responder]
Pois creo que tes razón One2, pero a ver se outro usuario pode revisar isto e que o confirme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2019 ás 22:32 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Si señor. One2 ten toda a razón no que di. Sorprendido estou, Eli, de que o dubides, e de que precises de confirmacións neste tema. --. HombreDHojalata.conversa 23 de outubro de 2019 ás 19:27 (UTC)[responder]

One2, xa cambiei o aviso. O problema é que esta norma non me cadra moito, paréceme un desleixo que o artigo leve un termo no título e no resto estea a usarse outro termo, paréceme un desleixo, e aínda peor que se permita usar os dous termos no mesmo artigo, onde se faga darase unha pobre imaxe da enciclopedia. Tampouco entendo que se obrigue a que os títulos teñan que levar o termo Galicia obrigatoriamente, quizais habería que revisar estas partes, pero non teño tempo para máis... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2019 ás 08:39 (UTC)[responder]