Conversa:Lista de filmes con versión en galego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Problemas[editar a fonte]

Este artigo presenta problemas referentes a que foi traducido do artigo portugués, co que os títulos traducidos son os que nel se traducen. Precísase adoptar un criterio, para fixar o título. Eu propoño que, para facilitar as cousas, e posto que en xeral os títulos que se traducen adoitan ser os mesmos consultando outras wikis, se engadan os títulos traducidos ás veces (cando se considere oportuno) e ademais tamén (sempre) en versión orixinal. Por outra banda propoño que a tradución tome máis como modelo a escolla portuguesa que non a castelá, que por outra banda adoitan ser moi semellantes, como se podía agardar. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nanotrasno (conversacontribucións)

Títulos[editar a fonte]

  • O problema dos títulos das películas ven de vello, recentemente atopamos unha solución. O criterio que seguimos ata agora pasa por usar o título orixinal sempre que non exista estrea galega, as traducións non deben usarse como títulos de páxinas. A solución atopada permite diferenciar mediante marcadores cando é unha estrea ou un título traducido no contido dun artigo (mediante un diferente tratamento tipográfico). Esta páxina, na miña opinión, non resulta útil. En primeiro lugar porque crear unha lista ten que supor un valor engadido á clasificación (para iso temos as categorías) e en segundo lugar porque traducir un título dunha tradución produce erros (a tradución debe facerse desde o orixinal e non se debe convertir eses título nunha ligazón). Como exemplo chamar a Annie Hall "Noivo Neurótico, Noiva Nervosa" e confuso, ou chamar "E o Vento Levou" a versión galega de Gone with the wind (1939) da que existe estrea galega chamada Foise co vento tamén é un erro. Os títulos das películas son unha información polo tanto tratalos como se fose un texto non é apropiado. Na miña opinión esta páxina tal como está debería borrarse porque da lugar a gran número de erros. --Prevert(talk) 13:29, 27 xaneiro 2006 (UTC)
  • De querer saber os títulos portugueses e brasileiros deberamos ir á wiki portuguesa, a Galipedia ten que servir para coñercermos os títulos galegos, doutra forma a lista esta non ten senso.--Miñato 17:48, 26 marzo 2006 (UTC)

Reconvertín a páxina nunha listaxe de títulos dos que hai versión galega. Os títulos son os da estrea galega, non traducións de películas noutras linguas que nunca foron estreadas en galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:48, 11 maio 2007 (UTC)

O título é confuso. Son as películas que se estrearon en galego no cine ou hai versión dobrada ó galego? Se é a segunda opción, deberiase muda-lo título a algo semellante a Lista de filmes dobrados ó galego.--Fryant 20:20, 11 maio 2007 (UTC)

O título fai fincapé en que os filmes se presentaron ao público nunha versión en lingua galega (salas de cine, televisión —a vía máis común de estrea—, institucións especializadas, etc), non no proceso técnico da dobraxe. Con estrea nos estamos a referir á difusión en lingua galega do filme xa dobrado xa subtitulado, en calquera soporte: película, DVD, vía TV terrestre, satélite, cable,.. Por iso úsase estrea a propósito por ser o xeito habitual de referirse a ese feito. Inclúe a palabra cine porque hai outro tipo de estreas (teatrais ou doutros espectáculos). Tamén se utiliza lingua galega no canto de galego para seguir a liña marcada en categorías e páxinas referidas a linguas. Con todo quizais se poida facer o título máis curto ben eliminando a palabra cine ben buscando outra fórmula, porén non creo que sexa o mellor titular 'dobrados ao galego' como queira que non inclúe as obras subtítuladas e por todo o exposto antes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:18, 12 maio 2007 (UTC)

Revisión[editar a fonte]

Ola. Abrir esta sección paréceme unha boa idea. O correcto cando nos referimos a unha película é empregar o título oficial en galego. Tamén é correcto acompañar ese título co título orixinal entre parénteses. Exemplo: Centauros do deserto (The Searchers).

Engadín un campo máis, para indicar se a versión galega de unha ou outra película é dobrada (ex.: Foise co vento), subtitulada (ex.: O sétimo selo) ou orixinal (ex.: Sempre Xonxa). Ese campo está cuberto para case todos os títulos presentes ata este momento na lista agás dous: Adeus ás armas, que xa estaba engadida, e Con saias e a rachar, que engadín eu (creo que a primeira foi subtitulada e a segunda dobrada, pero non o podo asegurar).

O que penso é que, nestas táboas, sobra un campo: o dedicado aos guionistas. E non é por menosprezar a idea de quen o puxo nin o imprescindible labor dos guionistas, pero é que, a diferenza do título (galego e orixinal), o director e o ano, o do guionista non ofrece información imprescindible para recoñecer de que película se trata, e, ademais, é habitual contar con varios guionistas, polo que se "enche" moito a táboa cun campo non tan identificador á hora de recoñecer unha película. Tal vez se debería engadir un novo campo: a data de estrea da versión galega, aínda que isto xa pode ser é algo máis complicado. Saúdos. --Uxío 10:37, 7 outubro 2007 (UTC)

Concordo, moi boa idea. Por certo, cando existe estrea galega o artigo da Galipedia ten que ir co título da estrea galega, así que cando te encontres con casos coma ese (como en Planet of the Apes, que tiña o título en inglés a pesares de existir en galego) podes mover o artigo a O planeta dos simios. Parabéns polo labor faraónico que estás a desenvolver. AlberteSi, digame? 12:16, 7 outubro 2007 (UTC)

Elimino a sección titulada"guionista"?[editar a fonte]

  • Daquela, elimino a sección dos guionistas?
  • Efectivamente, o correcto debe ser incluir as entradas das películas co título galego oficial. Xa corrixín algúns títulos que fun atopando nos artigos. Grazas polos teus parabéns, Alberte.

Saúdos. --Uxío 18:30, 7 outubro 2007 (UTC)

  • Creo que si podes eliminala. Os guionistas xa irán en cadanseu artigo do filme. AlberteSi, digame? 19:55, 9 outubro 2007 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Algún "gracioso" cambiou o título da película Acoso por Acoso ás monxiñas lascivas... Sen comentarios. --Uxío 11:19, 18 marzo 2008 (UTC)

Nova versión do artigo, en fase de probas[editar a fonte]

Acabo de publicar o novo formato deste artigo, formato que aínda non rematei. Hai máis títulos cá na anterior versión. Os criterios que sigo para os títulos orixinais (dos que poda haber variantes) son as entradas de IMDb, e hai nos memsos unha ligazón á ficha correspondente nesa coñecida base de datos. Para os títulos en galego, excluín os que me presentaban dúbidas na súa grafía. Dentro dun tempo, penso continuar coa edición deste novo formato, engadindo ademais novos títulos. Algúns dos cambios que teño pensados son os seguintes: * Poñer en cursiva os títulos galegos. * Quitar o código "http://" das ligazóns a IMDb. * Substituír as etiquetas especificativas dos títulos que as leven [Ex.: "(filme)"] polo ano de estrea da versión orixinal da película. (A debater) * Traducir (buscando unha tradución o máis correcta posible), ou suprimir as etiquetas dos directores que as leven [Ex.: "(uncredited)"]. Saúdos. --Uxío 19:48, 24 agosto 2008 (UTC)

Eliminadas as "estiquetas" do campo "Dirección"[editar a fonte]

Completado o choio de poñer en cursiva os títulos dispoñibles, eliminei as aclartacións entre parénteses que figuraban ao carón de varios directores. Esa información reducía moito o espazo dedicado aos títulos, ademais, xa está dispoñible nas correspondentes ligazóns a IMDb. Tamén cambiei o título do primeiro campo, que estaba como "Título en galego" (e que antes eu puxera como "Título"), para "Título galego", xa que non todos os títulos da versión en galego están en galego (exemplo: Love Me Tender). Saúdos. --Uxío 11:05, 19 setembro 2008 (UTC)

Boa idea a de poñer "Título galego". Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:20, 19 setembro 2008 (UTC)

Por que?[editar a fonte]

Por que os artigos que hai de filmes que contan con títulos oficiais en galego están a ser movidos para manter os títulos orixinais? Non sempre son afortunados, pero son os títulos oficiais en galego. Exemplo: Con saias e a rachar. Saúdos. --Uxío 15:32, 10 xaneiro 2009 (UTC)

Non sei se hai casos nos que suceda o que dis, mais neste é diferente: o artigo foi creado co título Some Like it Hot (e outro co título Some Like It Hot) e con Saias e a rachar fíxose como redirección. Haberá que fusiona-los dous títulos en inglés e unha vez fusionados movelos para o nome galego. Alberte Si, dígame? 15:38, 10 xaneiro 2009 (UTC)

Saúdos! --Uxío 19:48, 1 febreiro 2009 (UTC)

Organizar alfabeticamente en subpáxinas ou sistema equivalente[editar a fonte]

A páxina comeza a ser demasiado grande e sería mellor trasladar os títulos de cada letra a páxinas individuais. Se se decide iso habería que ver cal é o formato máis adecuado, vendo os exemplos doutros wikis hai diferentes solucións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:36, 16 xuño 2009 (UTC)

  • Eu votaría pola subpáxina desta, ou sexa, "Lista de estreas de cine en lingua galega/(letra)". Pero a verdade non sei de certo cal sería a mellor solución... --Toliño Fala aquí comigo 16:17, 16 xuño 2009 (UTC)
A min paréceme ben a solución que propón Toliño, sempre hai a posibilidade de mudalo no futuro se atopamos unha solución mellor. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:45, 16 xuño 2009 (UTC)
  • Concordo--Atobar (conversa comigo) 17:51, 16 xuño 2009 (UTC)
  • Ola, compañeiros. Se ben é certo que a páxina se está a facer tan grande que pode implicar incomodidades á hora de editala ou consultar a información, o feito de dividilo anularía por completo parte da súa funcionalidade: a do tipo de táboa para o que foi mudado, que permite ordenar alfabéticamente todos os campos do artigo, e polo que se pode consultar por orde alfabética o título galego (por defecto, desprezando os artigos iniciais, e activando a taboa, tendo en conta os mesmos), o título orixinal, o director, o ano ou a versión, o que pode ser moi cómodo, prátcico e útil. Ademáis, haberá que ter en conta que, de seguir adiante coa división do artigo polas súas iniciais, un día o apartado de cada inicial medrará tanto que o haberá que volver dividir... Eu non vexo nada clara a proposta, aínda que entendo que haxa que facer algo ao repecto. Saúdos.--Uxío 22:47, 29 xuño 2009 (UTC)
  • Penso que hai que tentar manter as características actuais dividindo a páxina dados o problema que supón ter unha páxina con tantos títulos se segue medrando. Creo que podemos manter esas funcións seguindo algunhas (non todas) das subdivisións que propoñen en en:Lists of films. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:44, 8 xullo 2009 (UTC)
    • Interesante ligazón a considerar a que puxeches, Prevert. O criterio que veño usando eu a día de hoxe é por orde alfabética. Neste caso, ignoro o artigo inicial nos títulos galegos que están en lingua galega, pero non nos títulos galegos que están en outra lingua (ex.: El Dorado), xa que para facer unha correcta aplicación de ese critierio en todas as linguas habería que coñecer as mesmas para diferenciar o artigo. Con algunhas linguas aínda nos defendemos máis ou menos, pero hai outras coas que non.--Uxío 23:37, 17 setembro 2009 (UTC) <- Esquecera asinar.

Xuraría que hai pouco puxeron na Tvg "Non é un país para vellos". De feito vexo que hai páxina na galipedia, pero o filme non está na lista. Estou no correcto? --Uxío Castelo 21:51, 11 de marzo de 2011 (UTC)

  • Emitiron, si. Para ser exactos o mércores, 26 de xaneiro.--NetOverflow 01:58, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Máis filmes[editar a fonte]

Teño unha longa listaxe de filmes que emitiu a TVG, mais non sei con que título. Velaquí vai unha selección dalgúns destacados, por se alguén ten máis información: The Way We Were [1], The Cincinnati Kid [2], The Nutty Professor e Un flic [3], Harold and Maude [4], Merry Christmas, Mr. Lawrence [5], Advise & Consent e The Big Chill [6], The Human Factor e The War of the Worlds [7], The Odd Couple [8], Fiddler on the Roof [9], Decision Before Dawn[10], The Conversation , Pocketful of Miracles , Two Rode Together e Young Frankenstein [11], La faut de l’abbé Mouret , Jezebel, Pretty Baby e You Only Live Once[12], À bout de souffle[13], Bad Day at Black Rock e Five Easy Pieces [14], Le quai des brumes [15], The Pink Panther Strikes Again e Sinbad and the Eye of the Tiger [16], La ciociara [17], The Naked City e Le fantôme de la liberté[18], Experiment in Terror , The Fall of the Roman Empire e Midnight Cowboy [19], La guerre du feu , Hope and Glory e Mort d’un pourri [20], The Collector [21], The Last Waltz [22], …And Justice for All [23], Educating Rita [24]. --Jglamela (conversa) 18 de xuño de 2015 ás 16:16 (UTC)[responder]

Máis filmes dos que non localicei o título galego: Abandon Ship![25]; Absolute Beginners[26]; Ancora dollari per i MacGregor[27]; Assault on Precinct 13[28]; BMX Bandits[29]; Boy Ten Feet Tall[30]; Castle Keep[31]; The Chain Reaction[32]; The Changeling[33]; Club de rencontres[34]; Conseil de famille[35]; Coup de tête[36]; Denyat na vladetelite[37]; A Doll’s House[38]; The Dresser[39]; Due notti con Cleopatra[40]; Gruppo di famiglia in un interno[41]; Hibernatus[42]; Jeux interdits[43]; Last Train from Gun Hill[44]; Il lupo della Sila[45]; Masques[46]; Once Bitten[47]; Le pays d’où je viens[48]; Permettete signora che ami vostra figlia?[49]; Perry Mason: The Case of the Notorious Nun[50]; I predatori di Atlantide[51]; The Prince and the Pauper[52]; Renaissance Man[53]; The Return of Rin Tin Tin[54]; The Runner Stumbles[55]; I sette fratelli Cervi[56]; Sheena: Queen of the Jungle[57]; [58]; Silver Lode[59]; The Swiss Conspiracy[60]; Tension at Table Rock[61]; True Confessions[62]; Who’ll Stop the Rain[63]; The Wild Party[64]; El Zorro cabalga otra vez[65]--Jglamela (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 16:05 (UTC)[responder]

[66]; Saint Joan--Jglamela (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 12:11 (UTC)[responder]

Outros filmes[editar a fonte]

Nesta listaxe teño filmes que non logrei identificar: ¿Serán xigantes? [67]; A bela raíña [68]; A cociña do inferno [69]; A fronteira [70]; A fuga [71]; A grande esmorga [72]; A invasión dos monstros [73]; A noiva raptada [74]; A presa indefensa [75]; A súa obsesión, voar [76]; A teima de Coney [77]; A xuntanza da clase [78]; As defraudadas [79]; Así enganan os maridos [80]; Camiño da gloria [81]; Cando os revólveres mandan [82]; Caza de rapiñeiros [83]; Chepas [84]; Coidado coa tripulación [85]; Coidado cos monstros [86]; Crónica dos bos galopíns[87]; D.H. Lawrence e Frieda[88]; Eh, nena [89]; Ese toque de sorte[90]; Estás vivo [91]; Fóra de control [92]; Frai silencio e o mercenario [93]; Grandes esperanzas [94]; Home no páramo [95]; Homes Z [96]; Inmersión de urxencia [97]; Ladróns sen identificar [98]; Lumeirada de rancores [99]; Marte [100]; Mente criminal [101]; Muller afortunada [102]; Na fronteira [103]; Ninguén é perfecto [104]; O asexar da lúa [105]; O baile da colleita [106]; O cazarrecompensas [107]; O enigma da lagoa [108]; O ferracheiro [109]; O finado [110]; O meigo [111]; O monstro do surf [112]; O pequeno [113]; O pirata [114]; O reto do gladiador [115]; O semental branco [116]; O trío do espacio [117]; Os anxos caídos [118]; Os mentireiros [119]; Os patos tamén se namoran [120]; Os piratas perdidos [121]; Os prisioneiros [122]; Presos en paradise [123]; Problemas no paraíso [124]; Reclusión fatal [125]; Retrato dun gánster [126]; Sherlock Holmes. O signo dos catro [127]; Terra de ninguén [128]; Terras Chas [129]; Tío Willie, o soño da miña vida [130]; Treboada no pacífico [131]; Unha vida [132]; Ven morrer comigo [133]; Xenreira [134]; Xogando duro [135]--Jglamela (conversa) 15 de xuño de 2015 ás 17:06 (UTC)[responder]

O imperio derrúbase[136]--Jglamela (conversa) 21 de setembro de 2015 ás 16:46 (UTC)[responder]

Cerco de lume [137]; A filla do aire [138]; A rúa da media lúa[139]; Xuízo final [140]--Jglamela (conversa) 8 de xaneiro de 2016 ás 17:43 (UTC)[responder]

Un amor de Moscú (La Voz de Galicia, 3 de maio de 1986. Páx. 71); Desenfreo (La Voz de Galicia, 13 de abril de 1986. Páx. 71); Un feito de corazón (La Voz de Galicia, 23 de marzo de 1986. Páx. 71); Unha historia de amor (La Voz de Galicia, 26 de xaneiro de 1986. Páx. 71); A mellor tallada (La Voz de Galicia, 30 de marzo de 1987. Páx. 63); A teima de Carey (La Voz de Galicia, 4 de xullo de 1987. Páx. 63).--Jglamela (conversa) 27 de novembro de 2017 ás 20:04 (UTC)[responder]

Banda de anxos (La Voz de Galicia, 21 de xuño de 1986. Páx. 63), Chaplin e Keaton (La Voz de Galicia, 14 de setembro de 1987. Páx. 71), Cólleo como vén (La Voz de Galicia, 17 de xaneiro de 1986. Páx. 55), Os compinches (La Voz de Galicia, 3 de maio de 1986. Páx. 79), A cova (La Voz de Galicia, 21 de novembro de 1986. Páx. 63), Cun corpo de modelo (La Voz de Galicia, 25 de abril de 1986. Páx. 63), Historia da feira (La Voz de Galicia, 25 de abril de 1986. Páx. 63), Isto é París (La Voz de Galicia, 30 de maio de 1987. Páx. 71), O magnífico (La Voz de Galicia, 7 de xuño de 1986. Páx. 71), A maldición da raíña (La Voz de Galicia, 28 de novembro de 1992. Páx. 71), A mina do irlandés (La Voz de Galicia, 15 de marzo de 1986. Páx. 55), Ó longo da fronteira (La Voz de Galicia, 24 de xaneiro de 1987. Páx. 55), O recruta Bixby (La Voz de Galicia, 4 de outubro de 1986. Páx. 71), O rei deus (La Voz de Galicia, 24 de maio de 1986. Páx. 63), As solteiras e o amor (La Voz de Galicia, 1 de febreiro de 1986. Páx. 47), Toques de gloria (La Voz de Galicia, 23 de agosto de 1986. Páx. 55), Velaquí o exército (La Voz de Galicia, 1 de abril de 1988. Páx. 31), O vento a través dun pantano (La Voz de Galicia, 20 de xullo de 1987. Páx. 55).--Jglamela (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 17:06 (UTC)[responder]

Nas lindes do Oeste (La Voz de Galicia, 27 de decembro de 1985. Páx. 55).--Jglamela (conversa) 24 de agosto de 2019 ás 13:04 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista de filmes con versión en galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 15:28 (UTC)[responder]