Conversa:Lista das aves de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Lista de aves de Galicia»)

Ben. Xa está metido todo o que puiden atopar dos nomes das aves galegas. Agora presento dúas propostas:

  • Nomear esta páxina como "Lista de aves ¿galegas/en Galicia?" [eu prefiro "en Galicia] xa que é isto non é realmente un "Glosario".
  • Elimina-la columna de "imaxes" coas referencias a Commons. Porque engorda demasiado a páxina e a fai de difícil lectura ó ter que move-la barra, e porque o seu sitio (o sitio da referencia a Commons) xa está -e é onde debe estar- na páxina de cada ave. Eu faríao sen recorrer a esta votación, pero alguén levou o traballo de meter moitas referencias e parece pouco procedente que agora veña eu a borralas, sen máis.

E un traballo pendente que deixo aí para quen saiba e queira facelo: hai que iguala-lo ancho das columnas para que queden todas iguais nas diferentes seccións. Xelo xa empezou a facelo e supoño que sabe ben o que quero dicir, pero hoxe, tal como está o patio, dáme medo insinuar nada ;), non sexa o demo. Claro que antes de meterlle man haberá que decidir se borramos ou non esa columna de "imaxes".

Pedro --Lameiro 23:13, 29 agosto 2007 (UTC)

  • Pode que haxa a posibilidade de manter o enlace a commons para facelo máis accesible (non ter que ir a cada páxina de cada ave) pero máis estreito, sen poñer o enlace a commons portada galega (que podería ir no cabeceiro só unha vez), e sen repetir o nome da ave en todos eles, só un enlace pequeno, incluso un * ou algo similar que non entorpeza a lectura do cadro. Así manteriamos a posibilidade de consultar desde aí as imaxes de commons e se evitaría (ao mellor) que dificultase a lectura. Pódese probar non? Lansbricae (Ti dirás) 07:06, 7 setembro 2007 (UTC)
Sobre a forma rascón é interesante o que se expón no número 144 de Un idioma preciso: [1], haberá que ver se os dicionarios e outras obras léxicas especializadas o teñen en conta a partir de agora--Cheluco 20:49, 24 de febreiro de 2011 (UTC)
Rascón é aceptado no Digalego.--Miguelferig (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 22:47 (UTC)[responder]

Ánsares e Gansos[editar a fonte]

Ánsar é un nome, non incluído (de momento), no dicionario da RAG, pero que poderiamos usar, como cultismo, para referirnos a calquera das especies do xénero Anser, coñecidas popularmente como gansos (termo que prefire, con bo criterio, a RAG), como facemos, por exemplo, con mergo, para referirnos ás do xénero Mergus ou, no caso de plantas, con acacia para referirnos ás especies do xénero Acacia, que son coñecidas popularmente entre nós como mimosas.

Por outra parte, as Normas para o estabiecemento de nomes vulgares ou vulgarizados para as especies biolóxicas (que as hai) recomendan o uso do memo nome xenérico para especies do mesmo xénero, salvo excepcións xustificadas, por exemplo, polo uso entre os falantes da lingua de nomes diferentes para especies distintas dun mesmo xénero.

Tendo en conta isto, non parece oportuno manter, como se fai nesta lista (e, por ende, nos artigos corresponedentes na Galipedia), o nome de ganso para seis das especies rexistradas do xénero Anser e, para a outra, Anser albifrons, o de ánsar.--XoioÉche o que hai 7 de xullo de 2013 ás 14:37 (UTC)[responder]

Outro exemplo de incoherencia dentro do xénero é Acrocephalus schoenobaenus, ao que se lle chama fulepa, cando todos os Acrocephalus reciben o nome de folosas.--Miguelferig (conversa) 9 de febreiro de 2016 ás 18:18 (UTC)[responder]

Referencia rota[editar a fonte]

A referencia http://www.sgosgo.org/archivos/CASGO.pdf da un erro 404 e non se pode baixar. 83.165.100.212

Non quero parecer moi repugnante, pero para min titular "Lista das aves de Galicia" inclúe todas as aves de Galicia, mentres que "Lista de aves de Galicia" parece que inclúe unha lista de aves, moitas ou poucas, de Galicia, pero que non necesariamente son todas. Por exemplo as Guías da natureza publicadas normalmente son "Guía das ..." ou "Guía dos..." --Miguelferig (conversa) 12 de xaneiro de 2017 ás 17:18 (UTC)[responder]

Revisar nomes en galego[editar a fonte]

Boas, esta lista debería ser revisada para amañar os nomes en galego para que non se engadan nomes "inventados", só poden poñerse nomes comúns en galego que estean referenciados en fontes acreditadas. Por exemplo Chaetura pelagica non ten referencias para "Vencello de cheminea", e o termo *"rascón" penso que tamén é incorrecto, en "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" di que é un castelanismo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 09:26 (UTC)[responder]

Pilro de Maur[editar a fonte]

Pregunto se este nome está ben escrito neste artigo. Dígoo porque o nome fai honor ao biólogo italiano Ernesto Mauri. Entón terá que ser pilro de Mauri, non pilro de Maur. Hai que sabelo por se hai que cambiarlle o nome á áxina pilro de Maur.--Miguelferig (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 18:34 (UTC)[responder]

Según Conde Teira si: Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de novembro de 2017.  Banjo tell me 12 de agosto de 2018 ás 18:40 (UTC)[responder]
As revistas Chioglossa están aquí, e a lista de aves de Galicia está aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 20:47 (UTC)[responder]
As ligazóns a google drive non se poden arquivar no internet archive e deberían evitarse. Banjo tell me 12 de agosto de 2018 ás 20:54 (UTC)[responder]
Ah, non sabía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 21:59 (UTC)[responder]

De todos modos, o asunto chéirame bastante mal. Existe a posibilidade de que se trate dun erro xa desde o orixinal de Conde Teria (que talvez se comería unha letra e pasaríalle desapercibido), porque poden atoparse bastantes referencias en Internet de que o ornitólogo alemán J. L. Cabanis púxolle a ese paxaro en 1859 o seu nome en honor do botánico italiano E. Mauri.--Miguelferig (conversa) 13 de agosto de 2018 ás 18:18 (UTC)[responder]

Podería ser, porén Miguelferig, acabo de consultar a Guía das aves de Galicia, do 2004 de Baía Edicións, e utilizan case o mesmo nome, aquí aparece como "pilriño de Maur"... Vouno engadir tamén ó artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de agosto de 2018 ás 20:25 (UTC)[responder]

Outro problema: o pilro cubranco nesta lista dáse como sinónimo do pilro de Bonaparte, pero na galipedia está redireccionado como sinónimo do pilro ferruxento. Un dos dous ten que estar mal.--Miguelferig (conversa) 13 de agosto de 2018 ás 22:21 (UTC)[responder]

A denominación "cubranco" non está en " Nomes galegos", pola noitiña revisarei como está en "Guía das aves de Galicia". Falando doutra cousa Miguelferig, cres que sería unha mellor fonte para os nomes comúns o libro Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades? Podería intentar conseguilo nalgún sitio... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de agosto de 2018 ás 07:59 (UTC)[responder]

Grazas. Non che podo dicir moito do Vocabulario multilingüe porque non o teño e non o coñezo, pero polo que vin da súa presentación en Internet parece interesante.--Miguelferig (conversa) 14 de agosto de 2018 ás 09:31 (UTC)[responder]

Aínda non puiden revisar isto porque estou sen conexión na casa, a ver se entre hoxe e mañá me amañan o tema e podo revisar isto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 08:14 (UTC)[responder]
Miguelferig xa está amañado, o pilro cubranco é sinónimo de pilro ferruxento, ten ese nome en "Guía das aves de Galicia", xa cambiei o listado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 09:57 (UTC)[responder]
Perfecto.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 10:34 (UTC)[responder]

Rabiforcado[editar a fonte]

Conde Teria propón este nome, rabiforcado. Rabiforcado non aparece no DRAG, onde si aparece o nome fragata referido a esta especie. No Digalego tamén aparece fragata (mellor definida que no DRAG; referida a todo o xénero, como debe ser), pero tampouco aparece rabiforcado. Pero como sempre, temos que aternos ás referencias que hai, aínda que se vexa que son moi discutibles. No dicionario portugués en liña Priberam tamén lle dan o nome de fragata a esa especie, aínda que na wikipedia póñenlle apelido (como é lóxico ao ser unha enciclopedia) e chámanlle fragata-comum; mentres que rabiforcado aparece como un adxectivo aplicable a calquera ave con cola bifurcada. En resumo, fragata debería ser o nome de todas as especies do xénero, e fragata + un apelido debería ser o nome da especie concreta Fregata magnificens.--Miguelferig (conversa) 18 de agosto de 2018 ás 10:58 (UTC)[responder]

Miguelferig, neste caso eu entendo que como o DRAG é unha entidade de maior relevancia eu penso que debemos mover o artigo a Fragata (ave) deixando o nome de rabiforcado como redirección e indicado no artigo como "outros nomes". Se concordas ocúpome eu do choio. A maiores, a Guía de aves de Galicia, de Baía, chama a este paxaro fragata magnífica, xa engadín iso no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 15:49 (UTC)[responder]
Concordo. Elisardojm, habería que chamarlle fragata magnífica á páxina que agora se chama rabiforcado. Fragata (ave) é unha redirección de Fragata, a páxina que trata do xénero Fregate, pero tamén existen os barcos fragatas.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 16:51 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 21:09 (UTC)[responder]

Sterna caspia[editar a fonte]

Todas as especies de Sterna da Lista denomínanse carrán, nome que se pode atopar no dicionario Digalego (ver carrán), pero Sterna caspia é denominado na Lista charrán. Non é lóxico, algún erro debe haber.--Miguelferig (conversa) 18 de agosto de 2018 ás 21:49 (UTC)[responder]

Na lista orixinal de Conde Teira está como carrán do Caspio[2].--HacheDous=0 (conversa) 19 de agosto de 2018 ás 07:23 (UTC)[responder]
Corrixido.--HacheDous=0 (conversa) 19 de agosto de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

Aves ibéricas[editar a fonte]

Conde Teira fixo unha lista dos nomes galegos das aves ibéricas presentes na obra Lista de aves de la Península Ibérica de De Juana (3ªed. 1995), en parte a discrepancia da cifra vén de aí, non de todas as 485 hai constancia da súa presenza en Galicia (conflito de edición cando ía publicar).--HacheDous=0 (conversa) 18 de agosto de 2018 ás 21:55 (UTC)[responder]

Realmente, se son os nomes galegos de todas as aves ibéricas, o nome do artigo non debería ser Lista de aves de Galicia, senón Lista das aves ibéricas. Esta distinción a min paréceme moi importante.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 14:55 (UTC)[responder]
HacheDous=0 Miguelferig A obra de Conde Teira é unha lista de nomes en galego para as aves ibéricas, como comenta HacheDous=0, pola contra, a Guía das aves de Galicia, de Penas Patiño, é exclusiva da nosa comunidade, de feito o texto de tódalas aves identificadas ven acompañado cun mapa de Galicia indicando a súa distribución.
Penso que a introdución habería que modificala, quitar a parte na que conta a historia das fontes, iso ten que ir en cada paxaro para que a información estea correctamente referenciada, xa que a lista non ten que ser dun libro ou doutro, ten que ser a "Lista de aves de Galicia", non a lista de aves de Galicia do libro X. Os libros nos que se basea a información deben ir na sección de bibliografía.
Sobre o número de especies, eu poría simplemente o número de especies que aparezan realmente no artigo, de pouco vale que un libro diga que lista 400 especies e outro 350, o que importa é que na lista temos actualmente 502 paxaros, se non me trabuquei, cousa que se podería indicar ó comezo do artigo poñendo algo do estilo de "Nesta lista recóllense 502 aves identificadas en Galicia tendo en conta X, Y, Z", e cando se engada unha especie ou se quite, se actualice o número.
Vendo agora que sae unha lista de 500 paxaros, penso que hai que revisar bastante o artigo porque na Guía de aves de Galicia, de 2004, tan só identifica 434, hai bastante diferenza, os casos que non aparezan haberá que buscarlles a referencia axeitada ou borralos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 16:46 (UTC)[responder]

Elisardojm e HacheDous=0, nesta referencia (ver) de 2010 poñen unhas letras ao lado de cada ave ibérica, indicando se foron vistas en Galicia ou non (A, B, D). Nas que só son ibéricas pero non galegas non poñen letra. Por certo, aí tamén borraron o nome pilro de "Maur", que xa sabes o que opino del.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 17:08 (UTC)[responder]

Parece claro que non se pode manter o nome actual e á vez a lista que hai agora. Pódese mudar simplemente para lista de aves ibéricas. Así e todo, non teño datos pero penso que hai moitos usuarios/lectores da Galipedia que procuran unha páxina onde estean todas as aves de Galicia, e podería ser interesante ter esa páxina, que agora malia o nome desta non a temos ao incluír aves sen presenza en Galicia. Nese caso habería que remodelar a páxina, empregando como base as referenciadas na Guía das aves de Galicia de Baia e na Lista das aves de Galicia, está última baseada na edición de 2005 da Lista de las aves de España pero só incluíndo as que teñen presenza en Galicia. Poderíase incluír outras aves só de ter referencias da súa presenza en Galicia. O resto poderíanse incluír nunha lista de aves ibéricas sen presenza en Galicia.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 17:42 (UTC)[responder]
Outra cousa de se acordar cambiar, non sería máis útil no canto de Imaxe en Wikimedia Commons poñer directamente unha imaxe en miniatura da ave, para ter unha primeira visión das especies sen necesidade de ir a Commons para cada unha.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 17:49 (UTC)[responder]
O máis práctico sería cambiarlle o nome a esta páxina por Lista das aves ibéricas. Despois copiala facendo unha igual co nome Lista das aves de Galicia e seguidamente borrar nesa todas as aves que non teñan presenza en Galicia. É a forma máis rápida de facelo. Eses cambios de nomes de páxinas non os podo facer eu, pero despois si que podería borrar as que non sexan galegas seguindo a referencia en liña da que falei antes (que supoño é fiable). Ou tamén facelo ao revés, copiala e poñerlle á nova Lista das aves Ibéricas e nesta vella borrar.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 19:03 (UTC)[responder]
A min paréceme ben a primeira opción que propós.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 19:31 (UTC)[responder]

Gyps rueppelli[editar a fonte]

Debe estar escrito mal o nome común. Eu creo que en vez de voitre de Rüpell debería ser voitre de Rüppell, con dous pes.--Miguelferig (conversa) 18 de agosto de 2018 ás 22:48 (UTC)[responder]

Este paxaro no está na Guía das aves de Galicia, e pola súa distribución non parece que sexa doado que se atope en Galicia. Miguelferig, se che parece ben, quítoo da lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 16:55 (UTC)[responder]
Na sección de máis arriba (Aves ibéricas) xa dixen que o que hai que facer é cambiarlle o nome a esta páxina de listas, en vez de Lista de aves de Galicia debería de ser Lista das aves Ibéricas. Despois habería que crear a Lista das aves de Galicia só coas especies que viven ou pasan por Galicia. Ou a alternativa é quitar todas as que non sexan galegas, pero o asunto é que tamén é interesante un artigo que teña o nome de todas as aves ibéricas.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 16:58 (UTC)[responder]
Ah, e sobre o nome..., posiblemente sexa un erro, habería que indicar a referencia no artigo, engadindo nunha nota que posiblemente sexa un erro. Deume un conflito de edición, logo miro o teu comentario de arriba. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 16:59 (UTC)[responder]
Quitalo da Lista non, porque, aínda que é un ave rarísima, hai dous rexistros dela históricos e bastante recentes. Ás veces cruza o estreito de Xibraltar e segue máis ao norte, e neses dous casos chegou aquí. É unha ave extrañísima en Galicia e non é normal na nosa fauna, pero como ave ocasional, se se quere facer unha lista moi completa, hai que deixala. --Miguelferig (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 18:16 (UTC)[responder]
Moi ben Miguelferig, engadín a referencia á lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 20:36 (UTC)[responder]

Nova páxina[editar a fonte]

Xa está creada Lista das aves de Galicia polo de agora co mesmo texto desta páxina.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 19:39 (UTC)[responder]

Incluín ligazóns os artigos español e catalán, e alí falan de 347 e 346 especies, creo que alí só inclúen as non ocasionais.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 19:48 (UTC)[responder]
HacheDous=0, e non será mellor traducir a lista de es.wiki? Ten máis de 300 referencias!! e un estilo bastante ben aquelado, de feito ten a marca de artigo bo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 20:50 (UTC)[responder]
Xa pero polo que vin na maioría dos casos é para sinalar o seu estado de conservación, é o caso é que o fai con referencias á súa situación internacional, cando penso que o que cómpre sinalar nunha lista de aves ibéricas é a súa situación na propia Península Ibérica, e para iso habería que procurar outras referencias. O mesmo que unha lista de aves galegas debería referenciar a súa situación en Galicia, non a súa situación internacional que pode ser totalmente diferente.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 21:01 (UTC)[responder]
HacheDous=0, pois traducimos todo menos esa columna, porque penso que ese estilo é mellor que o que temos nesta lista. Ti que dis, Miguelferig? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 21:21 (UTC)[responder]
O problema que lle vexo á Lista de las aves ibéricas da wikipedia en castelán é que divide os animais por familias. As listas son para buscar unha ave, polo que creo que unha lista alfabética é mellor. Tamén indica certas características que son de demasiado detalle como as medidas, o hábitat, distribución mundial, o estado de conservación mundial. Non indica os nomes equivalentes noutros idiomas, que para nós é útil (eu para o que máis a usei foi para iso). Con todo iso é un artigo bo como lista, pero para nós o máis importante é ter os nomes de cada especie á man. Son dous estilos de lista diferentes. Hai que decidir cal se quere ter. Podería deixarse a Lista ds aves de Galicia co estilo que xa ten agora, e facer a Lista das aves ibéricas co estilo de es:wikipedia, para que non fosen iguais.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 21:38 (UTC)[responder]

Cotovía dos camiños[editar a fonte]

Polo San Matías
xa cantan as cotovías.

—Popular[1]

Para cando se faga o artigo da cotovía dos camiños, deixo aquí unha cita da Guía das aves de Galicia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2019 ás 10:18 (UTC)[responder]

Tordo común[editar a fonte]

Ou colle na trapela o voraz tordo
ou a lebre ou a grula
premios do gusto seu. Nestas faenas
¿quen nos esquence as amorosas coitas?

—J. M. Mosquera-Horacio[2]

Para cando se faga o artigo do tordo común, deixo aquí unha cita da Guía das aves de Galicia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2019 ás 10:31 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista das aves de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de agosto de 2019 ás 22:39 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Lista das aves de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de agosto de 2019 ás 19:19 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 03:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Lista das aves de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de marzo de 2020 ás 14:15 (UTC)[responder]

  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da cotovía dos camiños. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 99. ISBN 84-7154-379-6. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do tordo galego. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 107. ISBN 84-7154-379-6.