Conversa:Lingua persa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O DRAG define iraniano como a lingua falada en Irán e persa como persoa ou cousa de Persia, a min persoalmente iso paréceme un erro grave, xa que persa para designar tal lingua ten unha longa tradición nas linguas occidentais e en boa parte desas linguas iraniano para designar este idioma é unha forma obsoleta. Pero como o que eu pense ou deixe de pensar non ten valor e a Galipedia ten que se mover por referencias, mentres o DRAG defina a lingua como iraniano e non como persa nós debemos aceptalo e polo tanto mover o artigo a lingua iraniana.--RNC 16:09, 10 xullo 2009 (UTC)

Pois se ten que ser, será... mais lingua persa pode quedar como redirección a lingua iraniana. Alberte Si, dígame? 19:51, 10 xullo 2009 (UTC)
Concordo E, por outra banda, sería bo deixarllo nun correo aos da RAG, que igual nin conta se deron. --Atobar (conversa comigo) 22:31, 10 xullo 2009 (UTC)
Non sei como estaba definido antes pero agora iraniano figura como Idioma falado en Irán e persa como lingua indoeuropea que se fala fundamentalmente en Irán e Afganistán, sinónimo parsi pero curiosamente non dá iraniano como sinónimo. Agora ben o persa ten dúas variantes literarias: o farsi (en Irán) e o dari (en Afganistán), deixo de lado o taxico que é máis complexo. Se nos fiamos polas definicións do dicionario, iraniano habería ser o que na literatura anglosaxoa é farsi (isto é a norma persa oficial en Irán ou os dialectos que constitúen o persa occidental) e habería que deixar persa para englobar o dari e o iraniano (farsi) e calquera outra variedade desa lingua.--Sernostri (conversa) 8 de setembro de 2013 ás 09:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lingua persa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 14:33 (UTC)[responder]