Conversa:Lingua estremeña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿No se deberia nombrar a esta página "lingua estremeña"? Saludos y disculpas por dirigirme en español - 193.153.46.212 21:13, 12 decembro 2008 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

Polo que vexo nas ligazóns a outras língüas, ambas formas son empregadas, sen que haxa preferencia clara cara unha delas. Porqué motivo cree que debe estar mellor nese epígrafe que no que está na actualidade? Polo pronto, creei unha redirección dende Lingua estremeña cara este artigo. Saúdos, e grazas pola suxerencia. --Iago 21:57, 12 decembro 2008 (UTC)
Hola, Lago. Lo digo porque en esta categoría al resto de las variantes del asturleonés las nombran como "Lingua_X", y el extremeño aparece ahí un poco apartado. La verdad es que no es importante, pero bueno, es simplemente un tema de estilo, que estén todas iguales. Así, en "Estremeño" se puede hacer una páxina de homónimos :) Saúdos dende Badaxoz! --193.153.46.212 10:52, 13 decembro 2008 (UTC)
Ten lóxica. --Xabier Cid Conversa 14:57, 13 decembro 2008 (UTC)

Falantes[editar a fonte]

De verdade hai 200.000 falantes? Alguén podería achegar unha referencia rigorosa? --Atobar (conversa comigo) 21:40, 24 de abril de 2010 (UTC)

Non, a cifra procede do Ethnologue e en xeral para as linguas europeas non é moi fiable, basicamente por que o Ethnologue é unha organización protestante que fai enquisas e traballos lingüísticos (en xeral bos todo hai que dicilo), basicamente para logo decidir se traducen a Biblia, ou unha parte, a esa lingua na variedade que segundo as súas enquisas é a máis prestixiosa entre os falantes ou a máis numerosa, e iso fano sobre todo en América, África e Asia con linguas con nula ou escasa tradición literaria. En Europa iso non tería moito sentido, son os propios falantes os que se organizan, elixen a súa propia norma, etc. No caso do estremeño é a que se pon, aínda que non se sabe de onde tiraron os datos, xa que creo que non hai outra referencia, quizais sexan uns poucos milleiros de xente maior e uns cantos centos de mozos, que si que os hai, pero son impresións, non datos.--HacheDous=0 (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 20:27 (UTC)[responder]