Conversa:Ligazón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

"Ligazón" xa aparece en 'Sempre en Galiza' de Castelao e máis tamén no DRAG: "1. Relación moi forte e íntima entre persoas ou entre persoas e cousas. A ligazón que hai entre eles é froito dunha amizade de anos. 2. Relación lóxica e coherente entre dúas ou máis cousas. O discurso carecía de ligazón entre as diferentes partes. sin. conexión , nexo . cf. vínculo. ". Non se pode dicir que sexa neoloxismo. --Nerk (conversa) 18:59, 19 de xullo de 2012 (UTC)

Descoñezo se se trata dun neoloxismo ou non. O que si que non me parece correcto é que, se se toma como neoloxismo, se diga que procede do portugués ligar. En todo caso será un empréstito do portugués ligaçao, que ten o mesmo significado. --VaiPolaSombra (conversa) 21:27, 19 de xullo de 2012 (UTC)